Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2013

Non podemos lembrar un presente eterno, ou si.

Non podemos lembrar un presente eterno, ou si. Puiden estar coa mai sempre e tamén nos seus instantes finais, que foron tan longos como case dous meses de agonía, pois a miña vida tamén estivo afastada de todo case á vez que a súa se afastaba cara a morte. Abraceina, faleille. Ela non podía falarme, pero souben que entendería o que quería dicirlle e dixen: mamá, quérote moito. Toda a habitación se encheu dun ruído enxordecedor que era un silencio. Conto isto porque teño a sensación, coma Camus, de que “hoxe a mai morreu, ou se cadra foi onte?”, porque onte son todos os días. Miña mai era a miña terra e sei responder cando me din, de onde es? Son de miña mai, que é a terra, que é ter identidade, que é vir dalgún sitio. A terra, o teu sitio, a orixe, son o teu pai e a túa mai, que se foi onte como sostén Camus. Se antes o tiña claro, agora xa sei definitivamente de que país son. Son do país da nosa mai, do país dese pai que quixo saír da terra profunda para facerlle un sitio á muller