Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2016

Soños 14-12-2016: "Accidente" de camión no cruce para Riotorto

Tiven unha mala noite e erguinme con algo de dor de cabeza. Só lembro un par de soños. Coma sempre, un bastante longo que foi pasando por diferentes fases, escenas, ideas e intencións, e que eu seguramente asocio coma un único soño ao espertar de xeito definitivo, cando máis parecen diferentes soños pequeniños nos que polo medio hai semi-espertares que lle dan unha continuidade ao argumento (iso que a tantos, cando escribimos, nos rebenta a cabeza). Esta vez o principal conglomerado da acción desenvolvíase arredor do Eo cando xa baixa da serra cara a Pontenova e comeza a dividir Galiza e Asturias, ou Galiza e esa parte de Asturias que falan mellor galego ca na metade do outro lado do Eo (en fin...). A escena centrábase nunha feira, unha feira tradicional, na que a xente de 50-60 anos vendía cousas a xente de 65-80 anos. Eu non tiña nada que comprar nin nada que vender, só ía dar unha volta e ver o que había, polo que o que máis me interesaba era atoparme con alguén. Alí atopei u

12-12-2016: animais, feira, nenxs.

Esta noite soñei con que estaba polo Milladoiro e por Calo. Foi un hipersoño destes que parece que duran toda a noite pero para nada, ás 6 xa estaba esperto e de 6 a 8 tiven outro soño pero que se viu solapado polo primeiro. Como dicía, transcorre nalgún lugar parecido ao Milladoiro e a Calo e alí van pasando unha serie de cousas que tocan todos os paus e que non vou contar porque me levaría 30 páxinas. Deixo só o resumo. Comeza o soño comigo andando pola rúa, logo entre os prados, nunha bicicleta, e vou vendo como cambiou todo (porque a verdade é que a paisaxe está irrecoñecible na súa evolución). Alí a xente aínda se lembra de min e vaime contando cousas que fixen daquela. Voume metendo por entre prados, fincas e camiños que teñen unha lóxica moi definida, até que chego a un punto no que os camiños se acaban e teño que deixar a bicicleta e comezar a andar a pé, incluso subir un valado case escalando. Aí comezo a ver animais salvaxes: esquíos, lebres, raposos, lontras... aos que

Soños 7-12-2016: Meira hai anos, con tren polo medio

Esta noite pasada quería soñar con cousas que non soñei. Non obstante, descubrín en soños outra Meira. Unha das cousas que máis me gusta de ter nacido detrás dun bar é poder escoitar desde neno todas as historias que a xente contaba. A primeira moto que chegou a Meira. O primeiro autobús. O primeiro coche. As primeiras saídas nocturnas en coche da xuventude, con 8 rapaces nun 600, o condutor sen carné. Creo que onte no soño fixen unha recompilación de todo iso e deille unha gran volta propia. Onde están os Pepes (lembrades antes do edificio aquela casoa tan grande que facía esquina?) pois había un gran ultramarinos que daba abasto á cantidade de carros e autobuses que pasaban do centro de Lugo en dirección á Mariña e viceversa. Daquela en Meira cada baixo dunha casa era unha taberna e cada piso de arriba unha pensión. Houbo máis de tres ducias de tabernas, segundo me teñen contado. No soño era o mesmiño pero con unha gran diferenza: que pola beira da estrada Nacional circulaba un tren

Soños 6-12-2016: Adestramento co Meira e feira de produtos da terra

Esta noite é a clásica de que espertas ás 5 da mañá coma quen xa durmiu todo o que tiña que durmir. Lémbrome dos soños ata ese espertar, e logo erguinme ás 8 con outros tres ou catro soños máis breves, dos que non vou dar conta porque son bastante irrelevantes e non aportan nada aquí (aínda que a min si que me aportan o durmir xenial). Os argumentos centrais dos soños desta noite son, por unha banda, un adestramento na Lomba co Meira FC no que había moita tensión entre nós e unha feira de produtos da terra cun final moi de ficción e duro. Comezo polo primeiro. Estabamos adestrando unha noite na Lomba, e logo duns exercicios comezamos unha pachanga entre nós. O campo estaba bastante embarrado, as cousas non saían e custaba moverse. Habíamos moita xente alí, todos vestidos de escuro, e eu a moita xente non a coñecía, incluso había xente de Pol, da Pontenova e doutros países. Eu estaba bastante fóra de forma e xogando de medio centro non daba feito, polo que pedín irme para a porter

Soños (05-12-2016) Fluír en harmonía

Fluír en harmonía, algo que os soños consiguen moi facilmente e só uns cantos xenios conseguiron facer coas letras, coa música ou co cine. Ademais de dous soños que non podo contar (non por medo a que non se cumpran, nin por lascivos nin nada diso, senón porque son ideas coas que levo tempo detrás sobre as que escribir) soñei co festival no que nos viamos, polo que o panel dos soños volve a cumprir o seu cometido e estou bastante feliz. Antepóñolle o “bastante” ao “feliz” porque soñei con moitos e moitas de vós que levo moito tempo sen ver e que, está claro, até nos soños boto de menos. Supoño que por aínda vir dunha fin de semana do Culturgal, o festival era máis de mistura cultural que un festival musical de verán. O que non semellaba era que fose no país, parecía fóra, e a raíz de que parecese que era fóra podía ver a cantidade de xente que vos dixen. Non vou dicir nomes concretos, porque sodes moitos e moitas, e tan só vou dicir un porque sei a razón concreta de aparecer

Soños 23-11-2016 (Cea de amigos)

1-Un gran grupo de amigos e amigas íamos de cea co único motivo de xuntarnos, lembrar cando eramos rapaces, falar, en fin, para o que se queda nese tipo de cousas (como se nota que os soños tamén reflicten o que lle tarda a un mesmo). A cea era moi rara, nun gran centro comercial (unha mestura das Termas e as Cancelas) pero absorbido totalmente nunha das plantas por unha franquicia de comida semi-rápida á brasa. Eso daba un comedor de igual 1000 mesas. Tiña unha entrada tipo recibidor na que íamos chegando e xa nos ían dicindo: “ides para a cea dos “amigos”?, vinde por aquí”, e sentábannos nunha mesa moi grande, súper aberta case no medio de todo o resto do comedor, o que me pareceu algo regular porque seríamos o centro de atención. O que si me gustou foi a amplitude das mesas e a altura do local que daba tranquilidade. Cando comezabamos a sentarnos, sacábamos a chaqueta e iso, veu por min un dos empregados, moi atento, e preguntoume se eu era Xose, que o acompañase á recepción que m

Soños 22-11-2016 (Concertos)

1-(Foi o soño máis longo e do que case me esquezo, e si, tal e como indicaba a opción 3 da pizarra, sobre Concertos!) Era un concerto dun rapaz multiinstrumentista que fisicamente se parecía moito a Yonlu pero máis rockeiro, con pendentes e roupa de coiro, con orixes en Meira pero que tiveran que marchar fóra (non sei exactamente a onde), no que incluso o pai cantaba, e que tivo algún fallo de son. O rapaz semellaba ter definida claramente a súa homosexualidade, e ser a través da música un defensor, xa que no concerto abundaban rapaces de entre 14 e 18 anos, vestidos de rockeiros, collidos da man, bicándose... etc. O concerto era espectacular, facíase en varios sitios arredor da igrexa. Comezaba na praza do convento, co seu posto no centro da praza e proxeccións xigantes sobre a cara traseira lateral alta da igrexa (a do campanario). As proxeccións eran impresionantes, en 3D xeniais. Logo de bastante concerto, pasaba a unha fase de cancións máis paradas onde se poñía na praza pequena

Acordarse

Acábame de ver un rapaz empezando a páxina en branco, a cero. Veu cara min e, nun momento de tensión e miradas directas, preguntoume onde comprara o polo violeta que levo posto. Dubidei, botei a man á barba con nervios, notei que a teño moito máis longa do lado esquerdo que do dereito (e que o teño que solucionar hoxe, porque debo ir dando vergoña por aí adiante), e non lle contestei. -Non o lembro. -I can't remember, sorry. (preguntárame en inglés) -Don't worry, can we sit and drink with you? O abrazo non sei se mo deron en inglés ou en galego. Eu sentino moi noso. Pedir de beber, pedín eu. Agora estou tendendo a roupa e é cando me acordo disto, como me pasa normalmente. Acórdome dela cando xa se marchou. Se baixa hoxe alguén á Reixa que lle pague algo aos meus recordos.