Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2014

agora é

Levo desde pola mañá pensando nun bico. Só nun. Un bico de inverno, de cando sobre a noite está caendo unha xeada de baixo cero pero sentes os beizos arder. Un bico de pé, abrigo contra abrigo e mans con guantes nos petos. Nariz, por suposto, frío. Onte estiven tomando algo cuns amigos no bar no que hai 90 anos se enchía Hemingway. Sentín unha certa sordidez, quería experimentar tamén unha chea épica pero controlada, de chegar á casa e escribir coma un tolo páxinas que ao erguerte borras cun click e con vergoña. O caso é que pensei na relación del con Dos Passos e pensei que está por escribir unha novela coma Manhattan Transfer na que Compostela sexa a protagonista e as personaxe só vaian e veñan por ela. Tamén está por vivir. Están pasando cousas moi raras. De verdade. Pero ese bico segue aí. Agora é unha viaxe vendo toda a costa preciosa en primavera desde o coche cun amigo. Agora é un espertar de resaca contigo na cama. Agora é éxtase de chegar de correr 40 quilómetros. A

escenas

Non vos ten pasado que fases ou situacións da vosa vida se asemellan incriblemente a partes dalgunha das vosas películas favoritas, ou que sen ser favoritas recordades con nitidez, ou que incluso sen recordar con nitidez asimilades e vos dades conta que algo de cinematográfico teñen? A min tenme pasado, e un pouco así me pasou esta mañá durante a primeira hora despois de erguerme. A escena en si tiña algo de patético no sentido do étimo do pathos, paixón e sufrimento. Respondía á imaxe central dun individuo de mediana idade conducindo só a través do Milladoiro nun utilitario vermello. Tiña unha carga emotiva moi forte porque ía chorando abertamente, mentres intentaba cantar balbucindo entre bágoas De música ligera . Entendemos que el tamén desexaba naquel momento espertar querendo soñala, que algún tempo atrás pensou en escribirlle pero que daquel amor nada máis queda. A canción rematou e coas sinais horarias das 11 en punto ollou para unha parella, moi finamente vestidos os d