Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2014

soa Steve Vai como Dylan Thomas

Viña eu para aquí mentres soaba Steve Vai nun disco que para min tamén é un libro porque foi o que soou durante as horas que me levou lelo de tirón. Non tedes ningún disco que tamén vos soe a un libro? Viña para aquí pensando en darlle un abrazo a un amigo e tiven que dar varios. Viña para aquí, en definitiva, canso e con ganas de todo ao mesmo tempo, porque a tarde do venres foi de chorar tanto como a de xoves foi de encontros. Dixéronme que me ulía o pelo moi ben, porque ulía a fogar, a casa da avoa. E con iso todo o que evocaba. Do que estou seguro é de que me ule a Fogar, e o que me parece é que ule a fume. E aínda que o laves queda algo e pégase na almofada e de aí aos soños. Por certo, que esta noite soñei que ía a aulas de actitude punk que daba O Leo. E na primeira clase eu queimaba unha man e tiña que marchar. Tamén me acordo que a bebida era Jameson, como a de Dylan Thomas. Lede un relatiño precioso, de Rubem Fonseca, sobre o seu encontro con Dylan Thomas. Eu a