Saltar ao contido principal

soa Steve Vai como Dylan Thomas

Viña eu para aquí mentres soaba Steve Vai nun disco que para min tamén é un libro porque foi o que soou durante as horas que me levou lelo de tirón. Non tedes ningún disco que tamén vos soe a un libro? Viña para aquí pensando en darlle un abrazo a un amigo e tiven que dar varios. Viña para aquí, en definitiva, canso e con ganas de todo ao mesmo tempo, porque a tarde do venres foi de chorar tanto como a de xoves foi de encontros.

Dixéronme que me ulía o pelo moi ben, porque ulía a fogar, a casa da avoa. E con iso todo o que evocaba. Do que estou seguro é de que me ule a Fogar, e o que me parece é que ule a fume. E aínda que o laves queda algo e pégase na almofada e de aí aos soños.

Por certo, que esta noite soñei que ía a aulas de actitude punk que daba O Leo. E na primeira clase eu queimaba unha man e tiña que marchar. Tamén me acordo que a bebida era Jameson, como a de Dylan Thomas.

Lede un relatiño precioso, de Rubem Fonseca, sobre o seu encontro con Dylan Thomas. Eu acabo de lelo agora e a verdade que son 5 minutos deliciosos. Nun bar. Déixovolo aí.

"O bar era escuro e abafado; Dylan bebia acuado, parecia temer que lhe pisassem os pés, sentindo-se velho e inchado, essas pequenas coisas horríveis que acontecem a todos nós bêbados cansados e tristes. Onde a fúria, onde a ira contra a luz escurecendo neste bar da rua 23? Ao seu lado senti o bafo de animal afinal domesticado; ele parece prestes a entrar na noite plena e misericordiosa de que fala em sua poesia." Ir ao relato

Comentarios

Publicacións populares deste blog

27_05 Cabaliño do demo

Soños de hoxe foron moitos, varios, pero só me lembro de dous. Axitados. Estou mirando a cama e teño as sabas todas revoltas. Sobre todo foi o último o axitado. En Salcedo. O Oso xa recollera, a noite aparecera cedo e ela bicábame moito, escondidos. O de escondidos era porque a min me daba vergoña a cousa. Agora soa Nancy Sinatra e pode ser que fose bonito pero alguén nos vía. Ricardo. Cantos contos contarei? E Vielba fixo a canción. O outro soño era gañar un premio monetario e non cobralo para estar entre os amigos. Xa non era de noite e o sol mancaba nos ollos. Coriandro. Vodka con coriandro. A escena do crime. Domingo sen feira. Escribir outro pouco e se iso baixar tomar algo. Tomar algo un domingo sen feira? Cervexa, letras, punteos de guitarra e domingo sen feira. Punteos moi bos de Jarekus Singleton e unha pega grallando. Vou baixar. Cabaliño do demo.

Soñar con unha Meira de xente nova traballando nela

Hoxe volvín a ter uns soños encadeados que duraron practicamente toda a noite, menos co primeiro co que espertei cedo, ese no que contei que estaba Meira nevada e non vou contar nada máis. O segundo di, conta e transmite moitas cousas porque foi enlazando e pasando dun lado a outro. Cada vez me pasa máis isto e vou enfiando un con outro. Como a práctica totalidade dos soños que teño, é en Meira, unha Meira que se vai facendo e collendo forma en plan do que o argumento onírico precisa. Mais, neste caso, era unha Meira como agora de aspecto pero con unha diferenza enorme: nela viviamos case todos e todas da nosa idade. Isto podo dicilo, o de todos e todas, porque me lembro perfectamente de cada un de nós e era xenial. Todxs traballabamos en Meira ou viviamos aquí, non nos víamos 3 veces ao ano como pasa agora (unha polas festas do 15, outra polo Nadal e outra polo entroido). Ben, pois nesta Meira na que traballabamos todxs, lembro especialmente a última parte. A primeira e

E vas e vés

Subín de Meira na bici despois dunha tarde moi gostosa tomando algo con quen non quedara. Sabedes que eu sempre acostumo a baixar só, a atoparme con alguén, aínda que sexa comigo mesmo. Pensei en Yoñlu. Víñeno cantando cando rememoraba a Vitor Ramil. “estrela, estrelaaa...”. “E vas e vés coma un avión ao vento frío dun lugar calquera. É bo saber que es parte de min”. Díxoo todo e, con 16 anos, cando nós tiñamos 21, decidiu marchar. Estas cousas son enormes. Acabo de esbirrar mentres cepillaba os dentes e o cristal do cuarto de baño pingouse todo de gotiñas brancas. Todo esvaído. Pensei en que subín na bici sen luces, pero pola beirarrúa. Se veñen os gardas e me ven sen chaleco reflectinte podo dicir que vou a pé porque non paso de 6 km/h. Pensei en que se cadra un coche podía desviarse e atropelarme. Pensei en Barthes, a quen atropelaron e tardaron en recoñecelo varios días até que alguén o botou de menos. Barthes escribía do que lle daba a gana, “a linguaxe é o mundo”. Escribir que