Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2015

saltou ou empuxárona?

Onte pola tarde recibín unha chamada importante: sardiña de Portosín a 6,95. Era do Mercadona de Santa Marta. A partir de aí nada foi o mesmo. A tarde moveuse convulsa a ritmo de músicas nunca antes tocadas, feitas de acordes inexistentes, e voces interiores cantando a coro unha derrota. Apareceu un home reclamando un dinosauro e levouno, porque lle quedara onte esquecido. Era un dinosauro moi grande, de plástico do bo. Durmín unha sesta, espertei bañado en sorrisos dunha semana que empezou domingo, como, por outra parte, é o habitual en moitas outras partes do mundo fóra de Meira. Fun mandar uns paquetes para Portugal (Amarante e Porto) e todo seguía parecendo domingo. Que volátil todo, Porto-Lisboa. Porque yo sé que la sonrisa que se dibuja en tu cara tiene que ver con la brisa que abanica tu mirada. Soa o teléfono do bar e preguntan por ti. I-Stones en Marcha, Rolling, dobrarlle todo e xogarlle arriba aos bonos a 3. Saltou, ou empuxárona? Para a semana xa nos vem

soñarte é reclamarte

Concibín o soño desta noite como unha maneira de reclamarte. Porque soñarte, no fondo, é reclamarte. Todo pasaba cunha estraña suavidade, que de suave que era facíase case imperceptible. Tiven que espertar varias veces para darme conta de que era un soño e poder así volver a el coa seguridade de que, entón, todo valía. Saía o sol entre as nubes grandes que se desfacían, nimbos e cumulonimbos, testemuñas da tormenta de onte, mentres me empezabas a bicar como xogando unha partida de xadrez onde pezas iguais son capaces dos ataques máis agresivos e tamén dos máis sutís. O soño era unha viaxe, un convite a viaxar para sempre, a saír da gaiola. O leonciño camiñaba durante horas fronte á reixa, dando voltas, coma se sempre tivese a esperanza de que ao chegar ao extremo da gaiola houbese unha saída que antes non vira. Isto serviume para explicar que a tristeza que nace da contemplación do pasado non só non serve para nada, senón que é moi nociva porque nos fai reflexionar e busca