Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2015

O parto

Se algo odiaba desde sempre eran as crías, os bebés. Parecíanlle seres inútiles, incapaces de valerse por si mesmos, presa fácil de calquera outro animal. Aclárome, os que lle parecían isto eran os bebés dos mammalia, mamíferos, esa puta especie de vertebrados amniotas homeotermos. Nunca mo dixo de maneira clara, pero creo que esta xenreira lle viña desde o momento que presenciou o seu primeiro parto. Para un neno de cidade coma el, realmente tivo que ser un trauma ver o seu primeiro parto, aos 8 anos, na casa dos seus tíos da aldea. Acostumado á amable escena que constituía ver eses doces animaliños nos documentais da tele, vomitara na corte presenciando en directo a Morita botar para fóra a súa terceira cría. O cheiro a limos e quitas era demasiado profundo para o seu olfacto. Si, eu creo que foi esa imaxe (e ese cheiro) o que produciu nel ese odio posterior ao conxunto de neonatos. Educouse nos mellores colexios privados e iso deixou nel unha forte impronta (é unha palabra