Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2016

Acordarse

Acábame de ver un rapaz empezando a páxina en branco, a cero. Veu cara min e, nun momento de tensión e miradas directas, preguntoume onde comprara o polo violeta que levo posto. Dubidei, botei a man á barba con nervios, notei que a teño moito máis longa do lado esquerdo que do dereito (e que o teño que solucionar hoxe, porque debo ir dando vergoña por aí adiante), e non lle contestei. -Non o lembro. -I can't remember, sorry. (preguntárame en inglés) -Don't worry, can we sit and drink with you? O abrazo non sei se mo deron en inglés ou en galego. Eu sentino moi noso. Pedir de beber, pedín eu. Agora estou tendendo a roupa e é cando me acordo disto, como me pasa normalmente. Acórdome dela cando xa se marchou. Se baixa hoxe alguén á Reixa que lle pague algo aos meus recordos.