Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2017

partida pendente

Hoxe está sendo un día estraño, ou está acabando de ser, 10% día / 90% noite. Pasei moito tempo para esta frase. 100% noite. Había xa un par de semanas que non vía a Miqui, ao irse de vacacións coa nena grande, a nena pequena e na espera de alguén máis, :D , hoxe xa se facía un pouco obrigado. Tres rápidas ao xadrez, dous cafés con xeo e apareceu ela polo Jazz, moi innecesariamente: ─Cóbrame aí o café do de Meira. ─Ten pago ─mentira válida, eficiente, óptima pola parte de Miqui. ─Deixa, Miqui, e cóbrame a min todo. Bota un Black Label para ti, outro para min e coloca para a seguinte, saes ti ─excedín en cortesía e enchedura de peito. Notei que ela me miraba revirado pero asumía de xeito diplomático a invitación. Colleu o Progreso e pasou a sentarse ao lado do curruncho onde acaba a barra e onde sempre se xoga ao xadrez. Soaba Donovan e iso envolvía a cousa semi-tensa, afrouxada polos acordes suaves do escocés. Miqui abriu coa de Larsen para fianchetar axiña. A min non me gustou pero

Ameaza con fundamento

Escribiume ao Whatsapp un amigo para ir comer o pulpo a algunha feira. Dixo que era un día deses nos que había que ir e que fose Josiño. Encheume moito. É algo especial que te valoren para este tipo de cousas. Díxenlle que nos separaba a distancia, que onte fora ver á Terbutalina a Monforte e que hoxe quedaba por aquí. E que fai moi bo día pero Castroverde estaba a uns 80 quilómetros. Pareceunos unha distancia razoable para evitala (outras veces é “un paso”) e quedamos en ir outro día. Non obstante, seguín dándolle voltas á cabeza porque aínda era a unha e media e en menos dunha hora podía estar alí. Apetecíame ir. Sobre todo para pedir cada un súa botella de viño, dúas e dúas racións, e na primeira mollada do pan no aceite falarlle dela. Dese ser imaxinario que me leva rondando xa moito tempo e que onte, non tan imaxinario, se volveu a min. Díxome: “móllame”, “úntame”, “cómeme”, e a min custoume aceptar as súas ordes pero son moi cumpridor. Fíxolle gracia verme entregado pero a min