Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2014

Desexei sempre agradar

Adoecía por pasar o día na cama xunto a Pessoa vendo como el define o que pasa: "Não tenho ninguém em quem confiar. A minha família não entende nada. Aos meus amigos não posso incomodar con estas coisas. Não tenho amigos verdadeiramente íntimos, como o mundo entende, ainda assim não seria íntimo no sentido em que eu entendo a intimidade. (...) Sinto-me tan sozinho como un navio naufragado no mar. E sou, na verdade, um náufrago," (No seu diario no 25 de xullo http://arquivopessoa.net/textos/2595) E sempre, sempre se vai a Bernardo Soares para contar como el se sentía baleiro e incapaz de tecer relacións persoais que o enchesen "Desexei sempre agradar. Doeume sempre que me fosen indiferentes. Orfo de fortuna, teño, coma todos os orfos, a necesidade de ser obxecto da afección de alguén. (...) Tiven un certo talento para a amizade, mais nunca tiven amigos, ben porque eles me faltasen, ben porque a amizade que eu concebira fora un erro dos meus soños. Vivín sempre isolado

lugares e estrelas

Desde onde agora estou vense as estrelas, por primeira vez en moito tempo. Estou sentado onde ti soías sentar e iso fai que o tempo se volva atrás, mirando as estrelas. Nos momentos nos que unha persoa se sinte como eu o fago semella que o ambiente o envolve, a atmosfera. Hai poucas cousas máis máxicas ca un bico. O bico en si non ten nada de maxia, a maxia é do intre no que sucede, a atmosfera. Que o envolve. É iso de estar só, poñer música, cociñar, saír á terraza, sentir a noite. A atmosfera. Cando isto pasa sabes que é verdade. Pódese buscar a maxia, podémonos pór a andar e saírlle ao camiño, pero a atmosfera ten que vir, aparece, e é tan real coma o frío que me acaba de coller. Quen onte fun xa hoxe en min non vive. Como non te soñar?