Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2015

240 segundos

4 minutos, 240 segundos. Toda a súa vida transcorría nese ciclo. Tempo de máis para pensar ata que as ideas na cabeza se volvían en contra del. Sabía como facerlles fronte, aplacar as cousas máis duras con outros pensamentos fermosos, pero el non estaba alí para ser un poeta. Tiña a sensación de estarse convertendo nun domador, pechado nunha gaiola xunto ás feras, a veces eran tigres bengalís e a veces leóns africanos, pero el era o domador e estaba só, cun látego e as feras. Na maioría das veces era capaz de domar todas esas feras, as ideas, e facelas pasar polo aro, mais outras veces tiña que sacar o látego con firmeza e estalalo na súa cabeza. Eran 240 segundos, tiña que ser forte, despois viñan outros 240 segundos de calma, e así durante 14 horas da súa xornada laboral que se estendía 7 días á semana. Coñecía os ciclos do lavapratos á perfección, eran 240 segundos. A veces, días de moito traballo nos que a morea de pratos pasaba das 5 reas de 2 metros, apuraba un pouco o tempo e c

Soño de dor de cabeza

Doeume a cabeza toda a noite pero iso non me quitou de ter unha das miñas sesións oníricas que quedan para sempre. Ou se cadra axudou a provocalas. O desta noite foi un soño múltiple no que cada vez que espertaba e volvía a soñar comezaba un novo capítulo, non eran independentes. Foi un soño durísimo. Nunhas condicións extremas, como acontece todo o importante, preguntábasme se tiña medo a namorarme de novo e fixeron falta outros 4 capítulos para ao final darnos conta de que é algo imposible de contestar. Ti, nese momento xa non tiñas medo ningún, a vida maltratárate e aí estaba eu para acollerte. Nunca sabemos certo a que se deben os soños pero eu este teño bastante seguridade de que ten moito que ver co que me leva pasado nestes últimos 29 anos. Non podo sacarme o soño da cabeza, nin a dor, e un certo desacougo faime estar desde as 7 da mañá esperto. Non sei, se cadra o necesitaba escribir para sacarmo de diante, como aquela parella que se vía ás agochadas para eliminar o seu amor.