Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2014

Mark Twain era un mentireiro

Lembro aquela cea falando con Cadaval sobre como contar historias na que eu lle comentaba que Mark Twain recopilara nalgún libriño as súas opinións e técnicas que fora vendo noutros humoristas e tamén aprendendo e desenvolvendo por si mesmo. Como bo humorista era un farsante. Sempre presumiu das súas dotes para saír do paso, de non preocuparse da técnica oral... e nese libro xustamente fai o contrario, pór en escrito como para el se deben contar as historias orais. Faino con bastan profusión, con exemplos, incluso con opinións persoais, etc. Entresaco este paragrafiño como mostra. “Se estou no certo, a base da arte de contar historias humorísticas é engarzar incongruencias e desatinos paseniño sen ningún obxectivo aparente e, á vez, parecer que se din sen decatarse de que o son. Outra característica é a de pasar polo retrouso de corrido. A terceira sería deixar caer unha observación estudada sen parecer sabelo, coma se se pensase en alto. A cuarta e última é a pausa”. Neste sentido

Nunca é tarde para non facer nada

Todo ten o seu tempo determinado, e hai tempo para todo o propósito debaixo do ceo. Hai tempo de nacer, e tempo de morrer; tempo de plantar, e tempo de arrancar o que se plantou. Tempo de matar, e tempo de curar; tempo de derrubar, e tempo de edificar. Tempo de chorar, e tempo de rir; tempo de prantear, e tempo de bailar. Tempo de espallar pedras, e tempo de xuntar pedras; tempo de abrazar, e tempo de afastarse de abrazar. Tempo de buscar, e tempo de perder; tempo de gardar, e tempo de lanzar fóra. Tempo de resgar, e tempo de coser; tempo de estar calado, e tempo de falar. Tempo de amar, e tempo de odiar; tempo de guerra, e tempo de paz. Eclesiastes 3:1-8

cicatriz

Sei que esta terrible racha que levo deixará en min marcas para sempre e se cadra por iso será boa. Tiven un soño longuísimo esta noite pasada, era todo un bico, e iso fíxome pensar moito.   Fíxome pensar e tamén ao mesmo tempo me deu unha especie de forzas en positivo porque, sexamos realistas, pouco máis para peor pode ir, así que estou seguro de verme diante do comezo dunha boa racha. Razón esta pola que tiña que escribir estas palabras, porque fosteis moitos e moitas quen estivestes comigo en diferentes días e noites e moitos e moitas outras quen seguiredes estando. P olo de pronto, ben mirado, é para rirse. Dous roubos nunha semana, unha caída fatal... Pero todo é material, sen máis, (salvo o contido das dúas memorias usb e a cicatriz que me quedará na cara) e iso non me preocupa.   Despois, coma sempre, volta á soidade, volta a Pessoa, porque entre o que escribiu e viviu faime entender moitas cousas. Síntome, coma el, incapaz de verme só, necesitado de ter contacto coa xe