Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2017

Non funcionou

Non me funcionaron os desexos de soños esta vez. Onde se desenvolveu o principal soño desta noite era, como case sempre, unha cidade ficticia e non Mondoñedo. Non é que sexa ficticia de todo senón máis ben unha mestura ficticia de varias cidades reais. Si que adormecín pensando en Cunqueiro, en como xogou coa mitoloxía, en como coa súa intelixencia e picardía se ría de neno dos maiores da vila facéndolle bromas constantemente. Unha vez, alguén que todos coñecedes e que seguro que lle tedes lido moitas cousas, se non foron novelas foron relatos ou artigos, estaba na Flor na barra pequena bebendo non me acordo que, quen estaba con el si que sei que bebía Passportt con laranxa, e víronme facer unha das miñas. Eu era un neno pequeno pero xa me encantaba sacarlle á xente unhas risas. Entón armei unha boa. Quen teña algo de relación con Meira coñece perfectamente a ese veciño terratenente que conseguiu que a vila medrase cara a Pena en vez de cara Vilardemouros. Tamén se digo que ten

Outra vez Sherlock

Esta noite sei ben con quen soñei. Espertei só dúas veces, pero deses espertares que teñen a dozura de volverte adormecer aínda máis envolto. Soñei con Sherlock. De neno merquei co que podía aforrar de paga en medio ano, tendo en conta os evidentes gastos en petardos e lambetadas, todo o que Conan Doyle publicou en libro de Sherlock. Tamén sei ben por que soñei con isto. Faleino hai uns días con unha amiga de que relería e vería os novos capítulos, que non me desagradan nada, do Sherlock da BBC. Hoxe vin un, agora, pero despois de soñalo onte. Por iso toda esta mañá no HULA paseima querendo chegar á casa e ver Sherlock. Creo que desde Lynch, Winterbottom, Bergman ou Von Trier non me acontecera que preferise ver algo antes que ler algo ao chegar á casa, e é unha serie. O primeiro soño era totalmente irrelevante. Era só iso, gana de algo. Hoxe vin un deles, e quen escribiu o guión polo menos leu algo no seu día e puxo en palabras de Holmes “son o imbécil máis desagradable, groseiro, i

Arrepentirse de con quen te deitaches esa noite

A moita xente pásalle que cando pola mañá esperta con alguén ao lado na cama non pode máis que arrepentirse de con quen se deitou esa noite. Eu vino en moitas películas e a min pasoume algunha vez. Sempre tomei decisións drásticas: deixar o libro co que me deitei. A noite pasada non me deitei con ninguén, só din así uns roces e apertas con Russell antes de durmir. O caso é que tiven uns soños marcados por ter frío en bastantes deles e estaren regulados polo tempo, xa que duraron cada un aproximadamente unha hora, polo que foron sete até que espertei no último, no medio dunhas festas polo 15 como lembraba de pequeno pero no que xa non era eu tan pequeno porque sabía xogar ao tute e os maiores xa me deixaban xogar con eles. Sabedes que sempre fun moi raso ao tute e no soño non son moito mellor, pero apañei e todo saíu bastante bordado. No primeiro soño tiven frío porque me sacara toda a roupa para ir á cama e veuse a min a idea de meterlle leña á cociña. Era unha leña brutal e a pa

Ser feliz, entusiasmarse.

Para Russell o trazo máis universal e distintivo das persoas felices é o entusiasmo. Di que a mellor maneira de entender o entusiasmo sería analizando os diferentes comportamentos das persoas cando se sentan a comer. Para algúns, a comida non é máis cá un aburrimento; por moi boa que estea, a eles non lles parece interesante. Comeron pratos excelentes con anterioridade, posiblemente en case todas as comidas da súa vida. A comida como un simple acto convencional ou costume da sociedade na que viven.  Están tamén os inválidos que comen por puro sentido do deber, porque o médico lles dixo que é necesario tomar un pouco de alimento para conservar a enerxía.  Temos, por outra banda, aos epicúreos, que empezan moi animados e van descubrindo que nada está tan ben cociñado como debería.  Outra categoría é a dos lambóns, que se lanzan sobre a comida con voracidade, comen demasiado e quedan inchados e cheos de gases.  Por último, están os que empezan a comer con bo apetito, go

O habitual soño de non saír nas fotos

Tristram Shandy Esta noite unha chamada á que non respondín cando comezaba a quedar profundamente durmido acelerou o onirismo de tal maneira que durante tres horas todo foi meu. Houbo un dos pequenos soños que definen por completo ese estado de ánimo co que te deitas (un cansazo brutal despois de andar de matanza bovina e mover e envasar, con algo de axuda de meu pai, os 241 quilos/canal do último boi de Crecente que aínda cumpriría o ano o mes que vén). Hoxe dóeme todo. Teño os brazos e ombreiros en tensión só con estar, como estou agora, escribindo, e incluso parte do pescozo parece que se me quere quedar tolleito. Ese primeiro pequeno sono non foi outra cousa especialmente relevante, movendo o gando polos prados e leiras tal e como foi a miña tónica habitual durante os días da semana pasada, pero que si, como dicía, vén vinculado de xeito directo ao rebentado que me deitei. Outro dos soños pequenos era un híbrido de diversas festas e celebracións ás que me encanta ir e

Lembranzas de cores

Esta noite tiven moitos soños e moi variados e sen profundidade polo que só vou falar dun deles, que foi máis longo e que pode ter tantas explicacións coma cores hai. Se lle tivese que poñer un nome aos soños supoño que este sería “Lembranzas Pantone”. O soño comeza comigo dando voltas por unha cidade que parece Lugo, pero que está medio desfeita, coas rúas modernas, en costa, desfeitas por algo semellante a unha riada moi forte. Víanse os restos de area de baixo as rúas cos regos feitos de correr a auga sobre elas. Había moi pouca xente e coches case ningún. Eu estaba moi perdido, era incapaz de ubicarme. Íase facendo xa tarde, xusto ese momento do día tan fermoso no que notas que a noite se che vén sobre o lombo . Nese momento eu andaba por unha rúa que era moi cha e desde a que se vía como toda a cidade subía costa arriba, como esa sensación que tés cando ves Porto desde abaixo, ou como ese recordo de cando unha noite de semana de marcha por Vigo viches a ese tipo dese grupo

Gatiño en soños

Desta noite apenas lembro os soños. Só o último. Durmín, coma sempre, xenial e espertei cedo. Apuntei catro cousiñas e volvinme deitar e algo cheguei a adormecer de novo, con soños pequeniños. Si me pasou unha cousa que non é habitual e que creo que só me pasou outro par de veces: recoller outro soño, ou algunha escena ou anécdota puntual que tiven tempo atrás noutro soño, e avanzar a partir de aí. Vou comezar, como comezan os grandes, polo medio da historia. Tempo atrás soñei cun gato guapísimo (o noso) que estaba subido no alto dun edificio dos que antes nos 70 eran novos e agora son retro-vellos. Eu ía coa cámara e apeteceume moitísimo facerlle unha foto pero era un lugar de uso privado, coma un hospital ou pensión de xeriatría. Entón metinme como puiden, disimulando, iso que a mochila da Nikon facía que mirasen aínda ben para min. Conseguín subir ao 9º andar, cruceino enteiro e saín polas escaleiras de emerxencia porque era onde mellor podería coller a foto do gatiño. Asomei

A Lúa

Esta noite foi bastante prolífica en soños longos e bonitos. Supoño que tiveron algo que ver as cervexas que tomamos para recuperar ao vir de xogar, si, recoñézoo, do pádel. Imos aló, modo breve, que xa tampouco creo que isto lle interese a moita xente. O primeiro, que foi tamén o primeiro da noite e despois do cal espertei para ir ao baño xa que a rehidratación despois do deporta así o pedía, era moi intenso e destes soños nos que o que máis ves son persoas que coñeces, coas que te levas ben, e onde todo semella estar planificado para que aconteza así. (Aproveito para facer un inciso porque me doen os ollos cando vexo nas redes cousas de xente dedicada á comunicación con descoñecemento total do idioma: foi ao poñer “o que máis ves son persoas” no canto de “o que máis vés son persoas” porque en galego diferenciamos coa til no presente do “ver” e do “vir”.) O soño centrábase nun novo estadio da vida onde nos íamos atopar todos e todas. Propoñía unha reflexión, unha meditación sobr

Alguén me recomenda un libro para este venres?

Adormecín bastante tarde para o que adoito adormecer estes días non laborábeis. Puxen Milenio na Radio Galega, con Antón Rebollido. Aí adormecín. O caso é que me quedou a radio posta e ás 4, cando espertei do segundo soño, estaba falando na radio unha señora de Meira que agora non lembro o nome. Falaba, cantaba e recitaba. Se alguén cadra que o oíse, que o comente. Esta noite os soños foron moi desiguais e bastante inconexos, só dous fiaban un pouco. Non me apetece moito contalos. De feito, o que me apetece é poñerme a escribir até a hora de facer a comida. Houbo un moi bonito. Chamábanme para traballar nunha empresa pensando e levando a cabo ideas publicitarias e de contido innovadoras e graciosas. A encargada, despois da xerencia, era unha compañeira do máster de xestión cultural, e iso facíame ilusión. Tenme acollido na súa casa en Lugo e pode que agora estea lendo isto (ou seguramente non), e a verdade é que non sei nadiña dela desde hai tempo, pero faríame unha ilusión enorme

Soñar con unha Meira de xente nova traballando nela

Hoxe volvín a ter uns soños encadeados que duraron practicamente toda a noite, menos co primeiro co que espertei cedo, ese no que contei que estaba Meira nevada e non vou contar nada máis. O segundo di, conta e transmite moitas cousas porque foi enlazando e pasando dun lado a outro. Cada vez me pasa máis isto e vou enfiando un con outro. Como a práctica totalidade dos soños que teño, é en Meira, unha Meira que se vai facendo e collendo forma en plan do que o argumento onírico precisa. Mais, neste caso, era unha Meira como agora de aspecto pero con unha diferenza enorme: nela viviamos case todos e todas da nosa idade. Isto podo dicilo, o de todos e todas, porque me lembro perfectamente de cada un de nós e era xenial. Todxs traballabamos en Meira ou viviamos aquí, non nos víamos 3 veces ao ano como pasa agora (unha polas festas do 15, outra polo Nadal e outra polo entroido). Ben, pois nesta Meira na que traballabamos todxs, lembro especialmente a última parte. A primeira e

Soños: Unha máquina de bolas que regala fantasía e sorrisos

Había tempo que non contaba nada dos soños, e non porque non os tivese, senón porque os das últimas noites eran moi sinxelos, pouco concretos e abertos. Parecían non ter nada detrás e transmitían pouquiño. Os desta noite foron xeniais porque, ademais de diferentes desde a base ao final co tipo de soños que teño habitualmente, reflectían situacións moi cotiás pero que deixaban entrever unha serie de ideas forza que me pareceron moi acaídas, do tipo; fállache un plan pero pode aparecer outro moito mellor, emprender con ideas concretas de proxectos de baixo impacto social, económico e medioambiental e por riba con alto valor cultural e emocional (dos que enchen). Houbo incluso tamén tempo para un par de soños fantásticos onde nos viamos convertidos nun híbrido entre gnomos e semi-homínidos vivindo en montes como Hansel e Gretel. Os soños foron moi longos e agora teño que erguerme e axudar a meu pai con cousiñas, polo que voulles ir ao argumento e, se cadra despois dalgunha outra noi