Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2017

Voar por Chouzán

Igrexa de Chouzán Esta noite soñei moito (vaia novidade) e lembreime de todo (que estraño...). Pasou o ultimamente habitual de cando todo vai cadrando sen ter que ver unha cousa coa outra e fago coma se un soño fiase co outro para disimular que espertei uns segundos polo medio. Encantoume unha parte, que vén sendo recorrente nos últimos meses, na que nun contorno festivo nos viamos todas. Nesta ocasión era algo referente á posta en valor de elementos arquitectónicos sobre todo da época máis longa dos libros de historia desde que naceu Cristo, a Idade Media. Supoño que foi porque pola tarde estiven un tempo perdido entre Chouzán e a Cova, neses restos dos lugares máxicos das monxas do XI-XII que, malia que os tiveron que subir arriba ao facer o embalse, manteñen aínda algo dentro de si. Non digo que saiba o que manteñen, pero para soñar chega. Volvo á festa. Estabamos todas. Cadaquén estaba no sitio que máis lle gustaba: aquel amigo que non aguanta un minuto ao sol metido no medio

Pensar

Esta noite en vez de soñar, pensei. Pensei nos antollos, no cebiche e nunha boa cervexa. Durmín fóra e sooume a alarma do móbil agora, cando xa estou na casa escribindo. Pensei no ruído das persianas nas rúas da cidade ás horas nas que quere saír o sol e non dá feito. Néboa fina a da culpa. Pensei en se era feira ou sen feira. Pensei na tortilla de Moha, nun xadrez e un ron con Juan Carlos. Pensei nas noites do verán. No poder dun abrazo a tempo. No diferente que olen as mañás de Meira ás da Barrela. Sentín fame. Pensei na música que soaba cando fun pedir as últimas. Pensei no Cádavo, en ir contigo á Fontaneira. Unha pega que vén roubar noces aínda que non as dá comido, pero róubaas igual. Pensei en que el e ela as últimas etapas igual as fan do Primitivo. En saber como vai acabar unha historia cando aínda non está máis que empezada. Pensei en sentir frío cando estás fervendo. Na suavidade dun xemido feble. Durmir cos calcetíns postos. E pensei un pouco no ben que se sinte un cando t

mellor canto antes

A primeira cita que tiveron el e ela foi concertada e, por riba, con diñeiro polo medio. Chamou el para solicitar os servizos e quen cobraba era ela, como pasa por desgraza case sempre nestes casos. Para el todo aquilo aconteceu moi rápido. Así, un día, sen máis, apeteceulle dar unha volta á súa vida, cambiar o que levaba facendo 15 anos ─e non se refería precisamente a deixar de saír en calquera noite de luns a domingo─, e ser, en definitiva, el o dono da súa propia vida. Había tanto tempo diso que xa nin o lembraba mais a reacción non foi nostálxica, foi de tomar a dianteira e ir contra todo. Aínda así, a decisión custoulle tempo. Mirou nesas follas onde adoitan aparecer os números da xente profesional que se adica a iso e localizou á que estaba máis preto: ela, a poucos metros da súa casa. El aínda non sabía que era “ela”, mais ía, agora ou despois, chamala. Un par de horas máis tarde, que non obstante pasaron bastante rápidas porque foron desas tan definidoras do inverno, nas