Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2014

un día máis

Noutra entrada xa moi pasada do blog falei da dor e do sufrimento . Da necesidade de sobrepasar a dor e non caer no sufrimento. Evitar a dor a veces é imposible, pero o sufrimento é a historia que xeras arredor desa dor. Hoxe fáiseme imposible tanto unha cousa como a outra. Nunca fun moito de Nietzsche, pero el afirmaba, creo que de xeito bastante acertado, que na dor hai tanta sabedoría coma no pracer; ambos os dous pertencen ás forzas primordiais que conservan a especie. De non ser así terían desaparecido hai moito tempo; o feito de que faga dano non constitúe un argumento contra el, senón que é a súa natureza. En canto a dor dá o sinal de alarma chega o momento de diminuír a enerxía; un perigo grave, unha tormenta próxima, e faremos ben en inflarnos o menos posible. É certo que existen persoas que ante unha dor inminente obedecen ao mandato contrario, e que nunca se mostran tan orgullosos, guerreiros e felices como cando se levanta unha tempestade; a dor é o que lles brinda os seus

gasolina

Teño na mesiña de noite ao carón da cama unhas follas e un caderno para apuntar cousas que se me ocorren soñando. Se cadra nunca durmo: vivo e soño, ou ao mellor soño en vida e durmindo, que é vida tamén. Igual estou lendo moito a Pessoa. O caso é que hoxe viña no coche, invadido por un olor a gasolina que nunca tivo. Non era traballo da imaxinación, senón de pasar un día o grupo electróxeno despois da xira no seu maleteiro. Ti viñas ao lado. Eu non quería mirarte. Centrábame en desfrutar das combinacións de luces que tiña diante de min, unhas luces que descubrimos xuntos, os catro. Esas luces das que ves o seu halo saír ata chegar ao teu ollo, que se prolongan como fíos impresionantes, que se xuntan coa dor de barriga e o nerviosismo de non saber que está pasando. Soou un clin clin de botellas de viño que ían nos asentos detrás nosa. Treixadura, mencía, godello, sousón. Do Ribeiro, de Vilachá, de Valdeorras. Mireite e souben que te botaba de menos. Entón empecei a facer d