Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2017

O vicio da lectura de Edith Wharton

O feito de que a difusión do coñecemento adoite ser clasificada, xunto coa máquina de vapor e o sufraxio universal, na categoría dos avances modernos deu lugar ao xurdimento dun vicio novo: o vicio da lectura. Non hai vicios tan difíciles de erradicar como aqueles que popularmente se consideran virtudes. Entre estas virtudes a máis notable é o vicio da lectura. Adóitase admitir que a lectura de lixo é un vicio e con todo a lectura per se, o hábito de ler, a pesar de ser novo, figura xa entre virtudes tan ben reputadas como a sobriedade, o aforro, madrugar e practicar regularmente exercicio. Con todo, hai algo particularmente agresivo na virtude do sentido do deber que posúe un lector. Para quen atende ás indicacións máis estritas da preceptiva, o lector aparece como alguén que cumpre coas regras da perfección: “Canto me gustaría ter lido tanto coma vostede?”, confésalle o novizo iletrado ao adepto á excelencia, e o lector, tan adoitado ao incenso do aplauso indiscriminado, mira

Confeitura no aeroporto

Esta noite, entendo que polas ganas que tiña de coller un avión que me levase de novo por aí, soñei con iso. O estraño era que viña meu pai comigo e incluso me guiaba. Cando espertei pensei bastante nisto, en facer unha viaxe con meu pai polos sitios nos que estivo, ir a onde miña nai e el se coñeceron. Non é nada novo, xa o teño pensado e fareino, pero é a primeira vez que pensei en facelo indo os dous xuntos. O aeroporto era moi mal feito pero tiña de todo. Xusto cando embarcamos avísannos de que teñen que facer un cambio urxente dunha peza dese avión e que resulta máis rápido cambiala que mudarnos a todos de avión, polo que piden se alguén se ofrece para axudar a empuxar a peza desde o almacén de onde hai que traela. Alí saímos varias persoas do avión e atópome con algún excompañeiro de traballo. Conseguimos axudar a facer a montaxe e volvemos para embarcar de novo. Nese momento eu despisteime porque todo o aeroporto eran escaleiras mecánicas moi altas, de até 6 alturas, e í

Disfraz

Yusuke Hanai Non teño nada claro por onde comezar os soños desta noite pasada porque foron moitos e lémbroos con unha perfección de ton positivo que me descolocou até a min mesmo. Descolocoume non polo positivo senón pola perfección—xa me entendedes, e porque tamén, a pesares de espertar entre eles e cambiar de postura na cama, volven a ter un fío que os conecta. Vou ser moi breve porque me apetece escribir pero non disto. Apetéceme escribir do xeito contrario a como escribo sobre os soños, aínda que tamén me encanta o que ten de creativo aproveitar ese estado de semi-inconsciencia neuronal de polas mañás no que todo na cabeza flúe moi rápido malia que non sexa polos camiños que se move normalmente. Ao que ía, o soño central, o penúltimo e que mellor lembro: era un paseo por unha vila galega de tamaño medio. Escapando un pouco do centro da vila subín por unhas costas cara algo que se vía feito cara a montaña. Semellaba un pouco o paseo cara a Cidade da Cultura. No medio da mont

A ti

Quenquera que sexas, sospeito con temor que camiñas polos carreiros dos soños, temo que estas realidades ilusorias se desvanezan baixo os teus pés e entre as túas mans; Desde agora, as túas faccións, alegrías, linguaxe, casa, negocio, modais, problemas, tolemias, traxe, crimes, sepáranse de ti, A túa Alma e o teu Corpo aparecen diante miña, Apártanse dos nosos negocios ̶ comercio, tendas, traballo, granxa, casa, compra, venda, comer, beber, sufrimento, morte.    ⁵ Quenquera que sexas, poño sobre ti as miñas mans para que sexas o meu poema; murmúroche cos meus beizos a carón do teu oído, amei a moitas mulleres e a moitos homes, pero a ninguén amei tanto como a ti. Oh, fun tardo e mudo; debín abrirme camiño dereito cara ti hai moito tempo,    ¹ ⁰ non debín proclamar a ninguén senón a ti, non debín cantar a ninguén senón a ti. Abandonareino todo e virei, e cantarei himnos na túa honra; Ninguén te comprendeu, pero eu compréndote; Ninguén te xustificou ̶

Marcar nos libros?

Dalgún xeito creo que son lector doutro lector. A maioría do que leo desde hai anos (non de pequeno) é porque alguén mo recomendou, agasallou ou lle escoitei falar ben del. Isto fala moito dun, algo así como dicía Steiner que o lector tamén é lido polo libro que ten entre as súas mans. Eu son un pouco de marcar, de pasar raias por baixo das significacións do texto, glosar os contidos a base de frases e pensamentos, destacar parágrafos. Quen me pilla descolocado líbrase bastante fácil das marcas, agora que aqueles que quero e me gustan... Por iso, si, por iso é fácil ver os meus libros con tarxetas do bar no que lin aquel capítulo, anacos de papel para limpar os beizos ou o tícket da compra que acababa de facer. Steiner chámalle a isto a lectura como acción . A acción comprendería o anonimato, a soidade, o silencio, unha forma de peche co libro que o lector reescribe ao seu modo e participando dun debate no que xa non necesita a presenza nin a opinión do autor. Gústame que os lib

Incongruencia

Onte foi un día completo. Erguinme cedo, lin, cociñei, baixei á feira cos amigos, fun ver o fútbol á Lomba, fomos xogar ao pádel e durmín despois de escribir un pouco. Despois diso os soños foron bastante sinxelos e metaforicamente entendibles á perfección. O primeiro foi moi longo e semi-espertei sobre as 5 da mañá querendo lembralo todo. Intenteino, pero só conseguín lembrar o miolo, o cerne, o argumento central (isto é imitando a meu pai, e quen o coñecedes teredes que darme a razón, que sempre, sempre, pon como mínimo tres sinónimos para un exemplo que está contando: [“en Suíza xuntabámonos todos os galegos polo menos un día á semana e viámonos, apoiabámonos, axudabámonos os uns aos outros”]. Ben, este argumento central era levar a cabo un proxecto global de divulgación do achado e recuperación dun importante conxunto arquitectónico vinculado a unha familia da última época romana da cidade (non era ningunha cidade concreta). Era un proxecto de enorme repercusión polo que as a

Arrebolar a fantasía ao ceo

Esta noite espertei bastante cedo, coma de costume, pero foi no medio dun soño e erguinme dese xeito que pode parecer somnámbulo, pero que non o é porque non é na fase que lle correspondería. Si podería ser unha especie de ensoñación, se me permitides a palabra. Sentía certa tensión porque ía participar nunha carreira. Poucas veces sentín tensión nesas cousas na vida real, simplemente corría porque me gustaba e contra o único que competía era contra min mesmo. Esta carreira semellaba como un tríatlon, e eu son do peor en bicicleta e do peorcísimo nadando, pero era especial porque as bicicletas eran antigas e o treito da competición era urbano antigo, de chao de pedra. Só estabamos seis para competir porque había só seis bicis, entón eu estiven un bo anaco mirando cal delas parecía a mellor para tentar collela antes có resto. Meu pai estaba comigo e recomendábame cal coller porque el de bicis controla moito ao andar con elas nos seus anos emigrados por Europa, e Suíza, adiante

Para nós, para sempre.

quero que veñas deitarte comigo e na herba xeada mirar a lúa que esta noite canta para nós. quero soñar ao calor dun abrazo abrigado de risas e meterlle a ese lume momentos que ardan para sempre. quero, despois de escribir isto, crer que só mañá vas pensar en min. e coma Yeats "cando esteas vella e gris e con sono, e cabeceando diante do lume leas amodiño isto e soña coa mirada suave e as sombras profundas que un día tiveron os teus ollos".

Vender recordos

Esta noite espertei algo axitado e tremendamente sexy: dei bastantes voltas antes de espertar, e isto unido á fricción que xeran as sabas térmicas e á pouca goma dos gallumbos gastadiños, estes últimos convertéranse case nun tanga. A parte máis activa dos soños desta noite foi, como tamén é habitual, contra antes de espertar. Foi un soño moi fácil, un pouco irrelevante pero dunha natureza filosofal na que non vou entrar. Tiña un posto de venda (e agasallo) de recordos. Paseime un bo anaco reflexionando sobre isto, os recordos. Quen me coñece sabe que me esquezo con facilidade do que aconteceu algúns días, semanas e meses enteiros, ou incluso do que se falou onte no bar se iso non me revestía importancia, e acéptanmo porque me queren, pero que lembro de hai anos detalles minúsculos á perfección. (ía poñer detalles “nimios”, pero esa aceptación de nimio como “pequeno” ou “insignificante” é algo que non nos cadra a quen estudamos algo da lingua porque o nimius do latín é “abundan