Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2016

Soños 14-12-2016: "Accidente" de camión no cruce para Riotorto

Tiven unha mala noite e erguinme con algo de dor de cabeza. Só lembro un par de soños. Coma sempre, un bastante longo que foi pasando por diferentes fases, escenas, ideas e intencións, e que eu seguramente asocio coma un único soño ao espertar de xeito definitivo, cando máis parecen diferentes soños pequeniños nos que polo medio hai semi-espertares que lle dan unha continuidade ao argumento (iso que a tantos, cando escribimos, nos rebenta a cabeza). Esta vez o principal conglomerado da acción desenvolvíase arredor do Eo cando xa baixa da serra cara a Pontenova e comeza a dividir Galiza e Asturias, ou Galiza e esa parte de Asturias que falan mellor galego ca na metade do outro lado do Eo (en fin...). A escena centrábase nunha feira, unha feira tradicional, na que a xente de 50-60 anos vendía cousas a xente de 65-80 anos. Eu non tiña nada que comprar nin nada que vender, só ía dar unha volta e ver o que había, polo que o que máis me interesaba era atoparme con alguén. Alí atopei u

12-12-2016: animais, feira, nenxs.

Esta noite soñei con que estaba polo Milladoiro e por Calo. Foi un hipersoño destes que parece que duran toda a noite pero para nada, ás 6 xa estaba esperto e de 6 a 8 tiven outro soño pero que se viu solapado polo primeiro. Como dicía, transcorre nalgún lugar parecido ao Milladoiro e a Calo e alí van pasando unha serie de cousas que tocan todos os paus e que non vou contar porque me levaría 30 páxinas. Deixo só o resumo. Comeza o soño comigo andando pola rúa, logo entre os prados, nunha bicicleta, e vou vendo como cambiou todo (porque a verdade é que a paisaxe está irrecoñecible na súa evolución). Alí a xente aínda se lembra de min e vaime contando cousas que fixen daquela. Voume metendo por entre prados, fincas e camiños que teñen unha lóxica moi definida, até que chego a un punto no que os camiños se acaban e teño que deixar a bicicleta e comezar a andar a pé, incluso subir un valado case escalando. Aí comezo a ver animais salvaxes: esquíos, lebres, raposos, lontras... aos que

Soños 7-12-2016: Meira hai anos, con tren polo medio

Esta noite pasada quería soñar con cousas que non soñei. Non obstante, descubrín en soños outra Meira. Unha das cousas que máis me gusta de ter nacido detrás dun bar é poder escoitar desde neno todas as historias que a xente contaba. A primeira moto que chegou a Meira. O primeiro autobús. O primeiro coche. As primeiras saídas nocturnas en coche da xuventude, con 8 rapaces nun 600, o condutor sen carné. Creo que onte no soño fixen unha recompilación de todo iso e deille unha gran volta propia. Onde están os Pepes (lembrades antes do edificio aquela casoa tan grande que facía esquina?) pois había un gran ultramarinos que daba abasto á cantidade de carros e autobuses que pasaban do centro de Lugo en dirección á Mariña e viceversa. Daquela en Meira cada baixo dunha casa era unha taberna e cada piso de arriba unha pensión. Houbo máis de tres ducias de tabernas, segundo me teñen contado. No soño era o mesmiño pero con unha gran diferenza: que pola beira da estrada Nacional circulaba un tren

Soños 6-12-2016: Adestramento co Meira e feira de produtos da terra

Esta noite é a clásica de que espertas ás 5 da mañá coma quen xa durmiu todo o que tiña que durmir. Lémbrome dos soños ata ese espertar, e logo erguinme ás 8 con outros tres ou catro soños máis breves, dos que non vou dar conta porque son bastante irrelevantes e non aportan nada aquí (aínda que a min si que me aportan o durmir xenial). Os argumentos centrais dos soños desta noite son, por unha banda, un adestramento na Lomba co Meira FC no que había moita tensión entre nós e unha feira de produtos da terra cun final moi de ficción e duro. Comezo polo primeiro. Estabamos adestrando unha noite na Lomba, e logo duns exercicios comezamos unha pachanga entre nós. O campo estaba bastante embarrado, as cousas non saían e custaba moverse. Habíamos moita xente alí, todos vestidos de escuro, e eu a moita xente non a coñecía, incluso había xente de Pol, da Pontenova e doutros países. Eu estaba bastante fóra de forma e xogando de medio centro non daba feito, polo que pedín irme para a porter

Soños (05-12-2016) Fluír en harmonía

Fluír en harmonía, algo que os soños consiguen moi facilmente e só uns cantos xenios conseguiron facer coas letras, coa música ou co cine. Ademais de dous soños que non podo contar (non por medo a que non se cumpran, nin por lascivos nin nada diso, senón porque son ideas coas que levo tempo detrás sobre as que escribir) soñei co festival no que nos viamos, polo que o panel dos soños volve a cumprir o seu cometido e estou bastante feliz. Antepóñolle o “bastante” ao “feliz” porque soñei con moitos e moitas de vós que levo moito tempo sen ver e que, está claro, até nos soños boto de menos. Supoño que por aínda vir dunha fin de semana do Culturgal, o festival era máis de mistura cultural que un festival musical de verán. O que non semellaba era que fose no país, parecía fóra, e a raíz de que parecese que era fóra podía ver a cantidade de xente que vos dixen. Non vou dicir nomes concretos, porque sodes moitos e moitas, e tan só vou dicir un porque sei a razón concreta de aparecer