Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2017

26-06 Mans que fan un dano doce

Soñei ─e estiven─ toda a noite arredor dun castelo. Cada historia que acontecía tiña esa referencia á que non logrei atoparlle a explicación de por que motivo veu nestes días. Supoño que algo ten que ver esa historia que me anda dando voltas á cabeza: que desde a torre forte do castelo de Pambre se vexa a serra de Meira. Pero xa leva días aí. Esta noite eu pasei suavemente de ser un infiltrado do bando do exército rival que ía a introducir na sé da nobreza unha correspondencia que semellaba un ideado plan de ataque para desorientar as súas forzas, a quedarme no castelo, na casa do persoal de servizo, ocultado pola princesa, á que lle gustaba moito ler e tiña un can pastor precioso. Espertei con algo de frío pero ao taparme volveu o verán, estabamos cantando unha cousa similar a sirventés de escarnio ao lado dun río e todo estaba en paz. A princesa era loira e moi pequena (máis pequena aínda ca min!). Tiña unhas mans ananas, finas, que case non se vían pero que tampouco ocultaban nad

4:55 e só quería aguacate

Onte soñei con un San Xoán de hai 30 anos no que un home viña ao bar pedindo un “remedio”, desas combinacións de bebidas fortes que quen emigraba a Alemaña ou Suíza coñecía e importaba para o país. Non se levaba moito, só polos de sempre, pero lembrei beberaxes que daquela había e que hoxe deitarían a calquera. Non destas cousas doces, facilonas e comerciais de agora coma o Thunder Bitch, Fireball ou o Jägermeister. O amecido que lle metín polo medio ao soño foi que na Flor había unha máquina para facelos (si, como das que hai agora de Thunder... de Jäger...). O home marchou totalmente aliviado así que os licores foron bos. O segundo soño foi sobre queixo, entendo que porque me tarda un pouco xa que esta semana non tiven dos que prestan, e había unha xuntanza para degustar que estaba moi ben. Facía falta algún elemento para indicalos, que a xente soubese cal era cal, falase deles, degustase, e non nos lembráramos de traer iso. Fun cara a parte de atrás e empecei a buscar coma un to

De paxaros

Estes días teño moitos paxaros na cabeza, algún na barriga, e non é coma no caso do resto dos compañeiros motivado pola auditoría da ISO. É porque me fixei o sábado en Lugo na incrible saturación rodeando a muralla deses paxaros que son coma andoriñas pero negros de todo, e porque están pasando tardes que adoezo que rematen para asomarme á ventá ao solpor. Nesas tardes, os gorrións, antes de ir durmir, bailan as últimas na marquesiña de pedra antes de eu tamén adormecer. Onte, un pediume para entrar. Era gordiño e estaba algo desplumado. Semellaba na procura de alguén. Berraba, chamando, e miraba cara min con xestos que dicían desde “normal que non me entendas” a “marcháronme todos”. Deixeille entrar e viu que dentro do cuarto tampouco estaba quen andaba buscando. Xa se puxo o sol case de todo, o gorrión marchou e os seus cantos escóitanse moi lonxe. Un minuto despois case non se escoitan. Só se oen os grilos e a noite.

Corpos en débeda de caricias

Que pasa cando soñas con alguén que aínda está esperto? Cambia a cousa a se soñas cando ela tamén dorme? Esta noite noteino, non estabas durmida. Deume traballo sacarte da casa e levarte a dar un paseo por serras redondas, de forte semellanza coas nosas, coas vascas ou coas irlandesas. Desde un curuto puidemos ver un castelo nese máxico estado de conservación que, sen chegar a parecer en estado de ruína, dá conta dos anos e das aventuras que por el pasaron. Dá conta dese abrazo na torre da homenaxe na que se prometeron o seu amor infinito. Dá conta de como puideron, despois de resistir o asedio durante días, selar un pacto nunha noite que durou para sempre nas súas vidas, malia que as súa vidas non durasen máis ca esa noite e ao saír os primeiros raios de sol as mans dos que até onte eran os seus servos acababan con eles. Ao final o castelo gustouche e deixácheste levar un pouquiño máis, unha especie de pacto encuberto, pero non había moito cara onde ir. Empezouse a escoitar unha mús

Venres

Soñei moito e ben. Foise acumulando na cabeza e ao final espertei envolto, como o envolve todo esta néboa que hai aquí polas mañás. Na ducha suminme nunha intranquilidade bastante estraña en min a esas horas, seguramente producida por ver que non arrimara o albornoz e tería que mollar algo o chan para estirarme por el. Albornoz. Barnús que din os cataláns e os árabes. البرنس Unha capa de lá que usaban os bérberes para abrigarse ás noites. Nós agora para secarnos. Ok. Cando viña para aquí volvín a cruzarme coa rapaza do Megane negro. A terceira vez esta semana que chegamos ás 7:53 ao cruce ao mesmo tempo. Outro día pasoume diante por segundos e hoxe, se ve que porque é venres, veu algo antes e xa a collín aparcada. Supoño que vai para as castañas e non para a sidra, pero aí non me meto. Lembrei o Whatsapp de onte, no que alguén se acordou de min na Riquela. Boto de menos e teño ganas da Riquela e da Reixa. E do Jazz. Ás nove vou chamar a Miki, que me espere ás tres e media para ir co

Esconderse entre palabras

Sete rapazas estanme mirando mal. Se cadra me excedo no de chamarlle rapazas. Están aí, aí. De nenas xa sei que pasan. Son rapazas novas. Mozas? Aceptamos mozas porque o digo eu. Sete mozas estanme mirando mal. Estou nunha biblioteca, que hai 500 anos era cuadra e está adicada a un tipo que hai 800 anos escribía poesía para cantala, e elas creo que teñen que estudar. Ía contar aquí, coma sempre, o que soñei esta noite pero todo o que me envolve é demasiado. Estou acabando de ler o segundo libro desta semana e non consigo afacerme a iso. A acabar, me refiro. Pásame coma co viño ou cos bicos. Gústanme aqueles que botas un anaco desexándoos e empezan con todo, cun sabor que entra de golpe e vai pedindo máis e máis, apurando os tempos. Logo desfanse e logran envolvelo todo, estirándose. Corren contra o final volvéndose doces pero rematan sempre antes do que un quere. Co viño sempre podes botar máis mentres quede na botella, cos bicos é máis complicado. Polo menos para min. Menos nos soño

12_06 Proporción de calcetíns vs. gallumbos

Esta mañá espertei lembrando os soños de onte. Non todos, só dous. Xa onte pasei o día con eles na cabeza pero non entendín moi ben por que duran até esta mañá porque o que máis me preocupaba a primeira hora de hoxe era a diferenza de volume (e número) entre gallumbos e calcetíns que teño. É unha desigualdade bastante inexplicable: de compralos soltos compro un e un, e se veñen por parellas ou de tres en tres, igualiño; un pack de gallumbos e outro de calcetíns. Por iso debería estar a cousa bastante igualada no tocante ao número malia que a respecto da combinación entre uns e outros... Si, cando pillo de tres en tres case seguro que dous gallumbos e dous calcetíns do pack encaixan e pegan moi ben uns cos outros pero o par que queda son día e noite, azul e negro, vermello e laranxa. Pero o que máis me preocupaba, como dixen, non era que non combinasen, era a desproporción do alto número de calcetíns a respecto dos gallumbos. Os calcetíns gástanse, rompen, saes por aí e sácalos para c