Estes días teño moitos paxaros na cabeza, algún na barriga, e non é coma no caso do resto dos compañeiros motivado pola auditoría da ISO. É porque me fixei o sábado en Lugo na incrible saturación rodeando a muralla deses paxaros que son coma andoriñas pero negros de todo, e porque están pasando tardes que adoezo que rematen para asomarme á ventá ao solpor. Nesas tardes, os gorrións, antes de ir durmir, bailan as últimas na marquesiña de pedra antes de eu tamén adormecer. Onte, un pediume para entrar. Era gordiño e estaba algo desplumado. Semellaba na procura de alguén. Berraba, chamando, e miraba cara min con xestos que dicían desde “normal que non me entendas” a “marcháronme todos”. Deixeille entrar e viu que dentro do cuarto tampouco estaba quen andaba buscando.
Xa se puxo o sol case de todo, o gorrión marchou e os seus cantos escóitanse moi lonxe. Un minuto despois case non se escoitan. Só se oen os grilos e a noite.
Xa se puxo o sol case de todo, o gorrión marchou e os seus cantos escóitanse moi lonxe. Un minuto despois case non se escoitan. Só se oen os grilos e a noite.
Comentarios
Publicar un comentario