Saltar ao contido principal

27_05 Cabaliño do demo

Soños de hoxe foron moitos, varios, pero só me lembro de dous. Axitados. Estou mirando a cama e teño as sabas todas revoltas. Sobre todo foi o último o axitado. En Salcedo. O Oso xa recollera, a noite aparecera cedo e ela bicábame moito, escondidos. O de escondidos era porque a min me daba vergoña a cousa. Agora soa Nancy Sinatra e pode ser que fose bonito pero alguén nos vía. Ricardo.

Cantos contos contarei? E Vielba fixo a canción. O outro soño era gañar un premio monetario e non cobralo para estar entre os amigos. Xa non era de noite e o sol mancaba nos ollos. Coriandro. Vodka con coriandro. A escena do crime. Domingo sen feira. Escribir outro pouco e se iso baixar tomar algo. Tomar algo un domingo sen feira? Cervexa, letras, punteos de guitarra e domingo sen feira. Punteos moi bos de Jarekus Singleton e unha pega grallando. Vou baixar. Cabaliño do demo.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Soñar con unha Meira de xente nova traballando nela

Hoxe volvín a ter uns soños encadeados que duraron practicamente toda a noite, menos co primeiro co que espertei cedo, ese no que contei que estaba Meira nevada e non vou contar nada máis. O segundo di, conta e transmite moitas cousas porque foi enlazando e pasando dun lado a outro. Cada vez me pasa máis isto e vou enfiando un con outro. Como a práctica totalidade dos soños que teño, é en Meira, unha Meira que se vai facendo e collendo forma en plan do que o argumento onírico precisa. Mais, neste caso, era unha Meira como agora de aspecto pero con unha diferenza enorme: nela viviamos case todos e todas da nosa idade. Isto podo dicilo, o de todos e todas, porque me lembro perfectamente de cada un de nós e era xenial. Todxs traballabamos en Meira ou viviamos aquí, non nos víamos 3 veces ao ano como pasa agora (unha polas festas do 15, outra polo Nadal e outra polo entroido). Ben, pois nesta Meira na que traballabamos todxs, lembro especialmente a última parte. A primeira e

Meira-Praga (1/2)

Hai uns días pasoume que planifiquei un soño dentro dun soño, o que excedeu o de ter o dominio para poder ir e vir neles e que xa me tiña pasado. Diante dunha situación dada puiden desenvolver un argumento que me pareceu ben, re-pechar os ollos e seguir adiante coa historia. Esta noite non conseguín chegar a ese punto pero intenteino. Sei con certeza que unha parte importante dos microespertares que me levan estes días a acanearme sobre unha diversidade onírica, por outra parte sempre moi presente na miña cabeza, veñen motivados por diminutas picaduras de mosquitos. Hoxe a conxunción aínda se fai máis evidente xa que, ademais de por todo o corpo, na punta do dedo grande da man esquerda teño, en forma de inchazón, os restos da cea desta noite dun deses mosquitos polo que me acordo del a cada “d”, “c” ou “e” que tecleo. Pois ben, nunha das primeiras fiadas propúxoseme unha viaxe de mochileiro por Centroeuropa. Pareceume correcto. Entón dinlle unha volta para ter polo menos algunha moti