Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2015

O verán é o tempo eterno da adolescencia

Esta mañá quedeime durmido conscientemente. É dicir, quedeime durmido pero sabendo que me ía quedar durmido porque o soño me tiña atrapado. O caso é que o soño en si tampouco tiña moito de especial, ou si: o Tibor convertérase nun “bar tecnolóxico”. Sempre vos falo de soños pero hoxe non, de feito mañá devolverei á biblioteca o libro dos Soños de Borges, por se alguén o quere coller. O caso é que me erguín ás 11 e cando ía por Galeras cara o Pombal, igual que me pasou outras veces, collín diante o tren turístico, este de tres vagóns. Adoita parecerme tristísima a xente que vai neste tipo de trens, sen acritude, pero hoxe removeume a conciencia, sentín pena e compaixón. Un tren mediado de turistas, eu facíaos de Tomelloso, ocupando os dous primeiros vagóns. E no terceiro vagón un home só. Pouco pode haber máis triste ca ir só no terceiro vagón dun tren turístico. Esta reflexión non foi peregrina (peregrina, si, vaia xogo de palabras, que enxeñoso son, eh!?) e levoume case toda a tra