Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2013

mirar atrás e adiante / dor ou sufrimento

Son un contrastado inimigo crítico coas valoracións e recapitulacións do que foi o ano que acaba que tanto abundan agora nas redes sociais, cheas ao mesmo tempo de tópicos, verdades, cousas profundas xunto a outras laxas e superficiais. Xa teño dito moitas veces que me gusta escribir porque supón un acto de reflexión. Agora que escribo dígome “seguramente o que hoxe poña aquí será unha merda, como o foi este ano que acaba”. Daríalle a “publicar” e xa estaría servida a miña incongruencia para todas vós. Vou esfaragullar un pouco máis o tema, pero xira encol de explicar o que me pasou este ano, experimentar a dor: a dor é consubstancial á natureza humana. É inevitábel experimentar dor diante dunha perda, outra cousa é o sufrimento. O sufrimento é a historia que eu me contei ao redor desa dor. Diante da perda da persoa se cadra máis importante da miña vida, suceso ante o que experimentei un grado absoluto da dor, paseime varios meses da miña vida cun diálogo interior no que a úni

o sabor do licor de cereixas

Estaba en Froxán, no Caurel, vendo como pisan as castañas e viñéronse a min recordos e aquela peli de Kiarostami. Aparteime un pouco da xente, respirei fondo e collín aire, un aire distinto. O tempo parecía ir máis amodo porque queríamos que así fose. Na peli que digo de Kiarostami era o sabor das cereixas o que producía a anagnórise do personaxe e que lle fixo aferrarse á vida. A min, de xeito semellante e salvando as distancias, foi o licor de cereixas. Porque fun pasar uns días cun amigo e sentinme ben. Rin, bebín, falei, coñecín, cantei, escanciei, comín, paseei. Había tanto tempo que non me sentía dono da miña felicidade… Sempre digo que adoito ser feliz con moi pouquiña cousa pero, crédeme, neste caso non foi pouca cousa. Hai moito de bo en sentirse ben. Todo flúe dunha outra maneira e pasará moito tempo até que se borre da miña cabeza o sabor a castañas cocidas, a licor de cereixa, ao caldo de Mónica e á xeada. O sabor a conversas detrás do lume e a xogos co can na aira