Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2014

eliminar o amor

De vez en cando, desde a ventá, véxoos chegar alí, pretiño de onde vivo. Veñen por separado, cada un conducindo o seu coche. Chega un primeiro e despois o outro. El é maior ca ela e sempre é el quen sae do seu coche para entrar no dela. Non o fan a calquera hora do día, non. Fano de noite. Eu míroos de xeito furtivo. Que fan? Falan. Só falan. Igual pasa o que dixo o mestre Bennedetti, e máis que bicarse, máis que deitarse xuntos, dábanse a man e iso era amor. O paradoxal é que non son vellos, nin tan sequera el. Eu teño a luz da habitación acesa, a fábrica aínda está traballando, teñen que presentirnos. Imaxino toda clase de historias en relación á súa furtividade. Se esa relación é clandestina, síntome interesado en saber para que manter tanto tempo esa relación. Se cadra agora non houbo sexo, ou se cadra todo empece agora. E, nese caso, se o sexo pode esperar, que traman? Quererán acabar con alguén? Postos a eliminar, as súas vítimas non deben de andar moi lonxe. Ao mellor s

Non digo que non

Non digo que cada vez que pida unha VollDamm teña que aparecer alguén co que acabar falando da aplicación da análise estrutural de Propp, heroes, viláns, donantes, ás tramas de filmes modernos, mais gústame aprender, escoitar, e sentir que nun bar hai xente que che está aportando moita sabedoría á mesma altura ca ti, sen unha mesa máis grande ca túa diante de ti, sen ter que mirar un ordenador ou unhas follas con temas e apuntes que preparou hai anos. E que por riba non che vai pedir que fagas un exame e saques nota. Como moito que vaias pedindo outras. Non digo que non mereza o que teño, só digo que non fago o que fago por merecer. Non digo que me aburra ver a Panorama, até aí aprendo e aínda me queda traballo de campo por facer: Sarah Thornton pasou uns cantos anos de discotecas e diferentes garitos para pulir os xa un pouco vintage estudos culturais e a análise do capital cultural, que moito de Birmingham si pero penso que a Even-Zohar xa o lía nos 90. Non digo que só f