Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2014

Confía en min, estou mentindo

Ultimamente estou bastante centrado no tema marketing online, posicionamento, e demais. Penso en que a clave está nunha mensaxe que leo espetada nunha sinal de advertencia na estrada que vai do Milladoiro á Ramallosa: “Perigo. Saída de vehículos pesados de fábrica......” e non sei que máis... que non me lembro! Que se o acabo de ler é debaixo xa do camión! Coñecín a Ryan Holiday, un chaval xornalista máis novo ca min que vai pola vida dicindo que el é máis listo ca ninguén e que se pasa a vida enganando ao seus seguidores e blogueiros, aos que seduce con toda clase de artimañas. Confía en min, estou mentindo, arrebola xa na portada, e cando pasa á introdución non lle importa que se che puxeran xa os pelos de punta. O seu é o marketing, a estratexia e a publicidade en liña. Este en liña cóbreo todo, e á vista está que o fai non só por diñeiro, senón para divertirse e sentir o poder aínda que, engade rapidamente, que todo iso non é máis que unha estrataxema para ocultar a dura verda

Estudar nas bibliotecas e ser personaxe

Andaba polas redes sociais hai uns días unha noticia que dicía que Suecia estaba pensando reducir a xornada laboral a 6 horas para gañar produtividade. Non me parece nada mala idea. Sempre fun dos que di que mellor pouco tempo aplicado ao cen por cen que moito e pouco aproveitado. Nunca fun de estudar nas bibliotecas, parécenme lugares excesivamente propensos á distracción: xente que entra e que sae, chans e cadeiras ruidosos, libros que agardan a ser folleados... Eu era de pixama, madrugar, almorzar ben, estudar, ir correr ou facer algo de deporte, xantar con calma, estudar de novo na casa. Se cadra por iso me chamou tanto a atención a noticia de portada do xornal compostelán na que saían ducias de universitarios facendo cola para ir á biblioteca do centro do campus para estudar despois amoreados coma sardiñas en lata Escurís (publicidade). Gústame traballar e dar o máximo. Gústame aplicarme en todo o que fago. Gústame poder ao acabar a mañá ir xantar, tomar un café, abrir u