Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2015

Nin ganas

Desde onde estou escribindo isto vexo a serra e teño moito frío. Entón vou merendar algo. Non teño ganas de escribir nin tampouco de ler. Vaia, de escribir si. E de ler. Pero lémbrome de Patillas, de cando a nosa amizade apenas eran catro Voll-Damms, e co pouco que me coñecía, que era tanto, me trouxo Winesburg, Ohio e entón todo aquelo foi outra cousa. Lugo era outra cousa e daquela Anderson xa me tiña gañado. Desde onde estou escribindo isto vexo a serra e vexo o Monterredondo, no que agora uno coa vista en segundos e antes unía correndo en minutos. É unha Meira que deixou de ser para min desde que me lancei á conquista de algo inconquistable como é o futuro. Abro tranquilamente unha cervexa. Meira é outra cousa e daquela o monte xa me tiña gañado. Desde onde estou escribindo vexo a meu pai, que está no sitio no que sempre estivo miña nai e no que estiveron os dous. Soa John the Revelator. Lémbrome de todo ao mesmo tempo. Xa non sei nin que lugar ocupo, pero pola mañá lin d