Para Russell o trazo máis universal e
distintivo das persoas felices é o entusiasmo. Di que a mellor
maneira de entender o entusiasmo sería analizando os diferentes
comportamentos das persoas cando se sentan a comer. Para algúns, a
comida non é máis cá un aburrimento; por moi boa que estea, a eles
non lles parece interesante. Comeron pratos excelentes con
anterioridade, posiblemente en case todas as comidas da súa vida. A
comida como un simple acto convencional ou costume da sociedade na
que viven.
Están tamén os inválidos que comen por puro sentido do
deber, porque o médico lles dixo que é necesario tomar un pouco de
alimento para conservar a enerxía.
Temos, por outra banda, aos
epicúreos, que empezan moi animados e van descubrindo que nada está
tan ben cociñado como debería.
Outra categoría é a dos lambóns,
que se lanzan sobre a comida con voracidade, comen demasiado e quedan
inchados e cheos de gases.
Por último, están os que empezan a comer
con bo apetito, gozan da comida e deixan de comer cando consideran
que xa tiveron bastante. Os que participan do banquete da vida
adoptan actitudes similares ante as cousas boas que a vida lles
ofrece. O home feliz corresponde ao noso último tipo de comensais. O que é
o apetito en relación coa comida, é o entusiasmo en relación coa
vida.
Comentarios
Publicar un comentario