Doeume a cabeza toda a noite pero iso non me quitou de ter unha das miñas sesións oníricas que quedan para sempre. Ou se cadra axudou a provocalas.
O desta noite foi un soño múltiple no que cada vez que espertaba e volvía a soñar comezaba un novo capítulo, non eran independentes. Foi un soño durísimo. Nunhas condicións extremas, como acontece todo o importante, preguntábasme se tiña medo a namorarme de novo e fixeron falta outros 4 capítulos para ao final darnos conta de que é algo imposible de contestar. Ti, nese momento xa non tiñas medo ningún, a vida maltratárate e aí estaba eu para acollerte.
Nunca sabemos certo a que se deben os soños pero eu este teño bastante seguridade de que ten moito que ver co que me leva pasado nestes últimos 29 anos. Non podo sacarme o soño da cabeza, nin a dor, e un certo desacougo faime estar desde as 7 da mañá esperto.
Non sei, se cadra o necesitaba escribir para sacarmo de diante, como aquela parella que se vía ás agochadas para eliminar o seu amor.

Comentarios
Publicar un comentario