Son días un tanto raros nos que soa a mesma
música diferente. As rapazas morenas de ollos azuis convídante a bailar cando
saben perfectamente que lles vas dicir que non. En xeral, as noites son
agradables e calorosas, en exceso.
Onte á noite acordámonos de cando U2 facían
música e non cancións para anuncios, porque sempre hai que volver a eles (e
isto díxome o punk con máis actitude que coñecín na vida, que é de Meira). Moitos
soños foron feitos para os nenos, pero a maioría medraron con nós. Luces queimando
a noite e moitas cousas a saír da cabeza.
Escribir para un mesmo, para os amigos e para
atenuar o paso do tempo cando en realidade o que queres é que o tempo pase,
aínda que sexa en balde.
É fácil non darse conta de que necesitamos aire
para respirar mais e, aínda así, quen se para a valoralo? Pasa, igual que a
mesma auga do río non te molla dúas veces. Teño fame e sono e ti.
E aínda así, estou vivo.
Comentarios
Publicar un comentario