Saltar ao contido principal

aproveita o tempo

A mañá espertou seca e soleada, pero que importaba? Ela tiña a sensación de non estar aproveitando o tempo, coma cando de nena volvía para a casa o último día das festas aínda con fichas dos coches de choque no peto. 

Tiña a capacidade de facer que os martes fosen como venres ou os xoves coma luns, porque realmente en nada cambiaban para ela uns dos outros. Todos os días pasaba o mesmo, nada. Entón ela collía a súa mochila, que nunca soltaba fose a onde fose, moi ao estilo de Wittgenstein, quen dicía que sobre o que non podemos falar debemos gardar silencio, un desgraciado pensador, tan pechado na claridade das súas reflexiones lóxicas como na confusión dos seus sentimentos, e dispúñase a viaxar sempre coa cabeza posta en volver, malia que nunca volvía. 

Cada sitio que visitaba era diferente e iso facíalle sumirse na máis profunda das rutinas. As mesmas cidades coas mesmas rúas, nada lle facía distinguir o zoco do Cairo da O’Connell de Dublín. Aquel día foi diferente. Quixo abrir os ollos e algo aconteceu: puido ver por primeira vez o que diante dela había. Non era un pesadelo, era un auténtico soño, se é que poden haber soños auténticos. Estaba soa, nada lle importaba e non tiña a ninguén que lle pedise explicacións. Escoitouse un “ven comigo” que non tivo resposta ao quedar sepultado polo ruído dos seus pasos camiñando xuntos. 

Cando agora repenso na súa historia vexo que xa é tarde, pero debía ser contada.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

27_05 Cabaliño do demo

Soños de hoxe foron moitos, varios, pero só me lembro de dous. Axitados. Estou mirando a cama e teño as sabas todas revoltas. Sobre todo foi o último o axitado. En Salcedo. O Oso xa recollera, a noite aparecera cedo e ela bicábame moito, escondidos. O de escondidos era porque a min me daba vergoña a cousa. Agora soa Nancy Sinatra e pode ser que fose bonito pero alguén nos vía. Ricardo. Cantos contos contarei? E Vielba fixo a canción. O outro soño era gañar un premio monetario e non cobralo para estar entre os amigos. Xa non era de noite e o sol mancaba nos ollos. Coriandro. Vodka con coriandro. A escena do crime. Domingo sen feira. Escribir outro pouco e se iso baixar tomar algo. Tomar algo un domingo sen feira? Cervexa, letras, punteos de guitarra e domingo sen feira. Punteos moi bos de Jarekus Singleton e unha pega grallando. Vou baixar. Cabaliño do demo.

Soñar con unha Meira de xente nova traballando nela

Hoxe volvín a ter uns soños encadeados que duraron practicamente toda a noite, menos co primeiro co que espertei cedo, ese no que contei que estaba Meira nevada e non vou contar nada máis. O segundo di, conta e transmite moitas cousas porque foi enlazando e pasando dun lado a outro. Cada vez me pasa máis isto e vou enfiando un con outro. Como a práctica totalidade dos soños que teño, é en Meira, unha Meira que se vai facendo e collendo forma en plan do que o argumento onírico precisa. Mais, neste caso, era unha Meira como agora de aspecto pero con unha diferenza enorme: nela viviamos case todos e todas da nosa idade. Isto podo dicilo, o de todos e todas, porque me lembro perfectamente de cada un de nós e era xenial. Todxs traballabamos en Meira ou viviamos aquí, non nos víamos 3 veces ao ano como pasa agora (unha polas festas do 15, outra polo Nadal e outra polo entroido). Ben, pois nesta Meira na que traballabamos todxs, lembro especialmente a última parte. A primeira e

E vas e vés

Subín de Meira na bici despois dunha tarde moi gostosa tomando algo con quen non quedara. Sabedes que eu sempre acostumo a baixar só, a atoparme con alguén, aínda que sexa comigo mesmo. Pensei en Yoñlu. Víñeno cantando cando rememoraba a Vitor Ramil. “estrela, estrelaaa...”. “E vas e vés coma un avión ao vento frío dun lugar calquera. É bo saber que es parte de min”. Díxoo todo e, con 16 anos, cando nós tiñamos 21, decidiu marchar. Estas cousas son enormes. Acabo de esbirrar mentres cepillaba os dentes e o cristal do cuarto de baño pingouse todo de gotiñas brancas. Todo esvaído. Pensei en que subín na bici sen luces, pero pola beirarrúa. Se veñen os gardas e me ven sen chaleco reflectinte podo dicir que vou a pé porque non paso de 6 km/h. Pensei en que se cadra un coche podía desviarse e atropelarme. Pensei en Barthes, a quen atropelaron e tardaron en recoñecelo varios días até que alguén o botou de menos. Barthes escribía do que lle daba a gana, “a linguaxe é o mundo”. Escribir que