Estou escoitando unha canción que con
11 anos poñía para chorar, xa a letra o di. E desde pola mañá non
parei de ver amigos. Unha Meira preciosa. Xente que me bota de menos
aínda que só pasaron tres semanas.
Meira preciosa en bicicleta. Un estraño
sol de outubro que era coma o sol de antes de marchar pero que o
cambiou todo.
Sempre fun malísimo xestionando as
miñas emocións. Hoxe comentábao cunha amiga. Son feliz con nada.
Síntome realizado intentando ser quen son e confórmome con non
enganar a ninguén. Aspiracións? Se cadra tivo máis ca min aquel
profesor que contaba que chegase moi alto. E xa cheguei. Houbo alguén
que me quixo.
Vou ir polo coche, comprar queixo,
sorrir. Por esa orde. Ou se cadra polo medio roubo algunhas noces da
nogueira de Crecente que meu pai plantou cando eu nacín. Si, irei
por noces. Queixo con noces.
A canción era de Fairport Convention –
Meet on the ledge.
Comentarios
Publicar un comentario