Foi un día produtivo. Espertei cedo,
de noite, e estaba en Manchester. De noite aclaro que era cando
espertei aquí, polo cedo e aínda non saír o sol. En Manchester
noite e día foron o mesmo. Véuseme á cabeza un día en Compostela,
cando facendo a carreira alguén me veu dicir que eu fixera un
traballo sobre Winterbottom. Era un señor portugués, que dixo que
vivira en Manchester naquela época dos 80 do inicio da época de
moda desa cidade. Fun á sala e collín Tristram Shandy e así pasei
a mañá.
O portugués era Miguel Esteves
Cardoso. Del é isto, nas “Esplicaçoes do Português”, que puxen
en galego RAE sen saber ben o motivo, só para se alguén anda por
Meira á tarde, creo:
“Saír dos días. Non durmir. Non
falar con ninguén. Quedarse fóra do lado de fóra. Ocupar o
corazón. Á forza. Ser coma el. É moi bo e fai moi ben.
Saír de nós. Caer nos outros. Non
escribir. Ler. Non pensar. Lembrar. Os amigos quietos. O murmurio das
risas que botaron. A familia parada. O colo onde cabe a cabeza. O
amor adormecido. Estas cousas acordan. E sosega saber que nós non
somos nada sen eles.
É moi bo e fai moi ben.”
Comentarios
Publicar un comentario