Que teñen en común o running (correr, de toda
a vida, vaia), o mar cando hai temporal, o Camiño de Santiago e a neve no
Cebreiro?
A súa capacidade para destapar a estupidez
humana podería ser unha resposta axeitada, pero hai outras dúas das que quería
falar: dunha banda está que son cousas que se puxeron de moda ultimamente ir
visitalas ou levalas a cabo, é innegable. Doutra, comparten as que para min son
as tres causas fundamentais de chegase o seu momento de gloria:
1 - Son baratas e, polo tanto ideais para
estes tempos de crise.
2 - Cada vez hai máis xente desempregada e ten
máis tempo libre para facelas.
3 - Son actividades xeniais para compartir
polas redes sociais porque… acaso se fan hoxe en día as actividades de ocio
para outra cousa?
Comentarios
Publicar un comentario