Paréceme que todo home necesita un punto de
inflexión, incluso varios puntos de inflexión, é dicir xiros, cambios, sen que
se vexa por iso cominado a explicalos. Un vaise facendo experto coleccionista
de silencios e soidades.
A soidade afecta ao home liberado, ao home
desencadeado. Só a soidade, por difícil, humillante e corrosiva que sexa -di
Steiner- pode salvagardar a arte e o pensamento da corrupción. Os medios de masas,
o desexo ardente de comunicarse dun modo establecido e recompensado
socialmente, a manipulación do discurso para obter o recoñecemento e o éxito,
son un desperdicio espiritual irreparable. A comunicación cos outros é unha
función secundaria, sospeitosa case inevitablemente.
Creo que ninguén botou en falta a palabra tren
na miña boca estes días.
Comentarios
Publicar un comentario