Ah, ía escribir. Para non dicir o que sinto. Escoitei de novo a Joplin e atopeime cunha mina: a liberdade só significa non ter nada que perder. Despois vin que a escribiu Kris Kristofferson en compañía doutro, e tiven que saltala porque me levou á ética. Se concibes un proxecto vital é lóxico sentir que tes medo a perdelo, e se aínda non tocaches a Deus gustaríache vivir o suficiente para sentir que o tocaches igual que Adán o tocou nunha pintura na Sixtina. Só os malvados son libres, compórtanse coma se non temesen perder a vida. A gama é moi ampla porque vai dos delincuentes máis abruptos aos ladróns de luva branca, é dicir, aos do tres ou catro por cento, de maneira que percibo, xunto á moza de Texas ou Kansas que o grupo dos que temen perder algo é un grupo conciso e breve, que está formado por persoas que esperan dentro de si a chegada dos anxos ou, seica, que os seus anxos custodios os vixíen desde preto. Estes días, ao acabar un artigo, un compañeiro díxome que ...