Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta lembrar

Vender recordos

Esta noite espertei algo axitado e tremendamente sexy: dei bastantes voltas antes de espertar, e isto unido á fricción que xeran as sabas térmicas e á pouca goma dos gallumbos gastadiños, estes últimos convertéranse case nun tanga. A parte máis activa dos soños desta noite foi, como tamén é habitual, contra antes de espertar. Foi un soño moi fácil, un pouco irrelevante pero dunha natureza filosofal na que non vou entrar. Tiña un posto de venda (e agasallo) de recordos. Paseime un bo anaco reflexionando sobre isto, os recordos. Quen me coñece sabe que me esquezo con facilidade do que aconteceu algúns días, semanas e meses enteiros, ou incluso do que se falou onte no bar se iso non me revestía importancia, e acéptanmo porque me queren, pero que lembro de hai anos detalles minúsculos á perfección. (ía poñer detalles “nimios”, pero esa aceptación de nimio como “pequeno” ou “insignificante” é algo que non nos cadra a quen estudamos algo da lingua porque o nimius do latín é “abundan...