Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Sherwood Anderson

Non funcionou

Non me funcionaron os desexos de soños esta vez. Onde se desenvolveu o principal soño desta noite era, como case sempre, unha cidade ficticia e non Mondoñedo. Non é que sexa ficticia de todo senón máis ben unha mestura ficticia de varias cidades reais. Si que adormecín pensando en Cunqueiro, en como xogou coa mitoloxía, en como coa súa intelixencia e picardía se ría de neno dos maiores da vila facéndolle bromas constantemente. Unha vez, alguén que todos coñecedes e que seguro que lle tedes lido moitas cousas, se non foron novelas foron relatos ou artigos, estaba na Flor na barra pequena bebendo non me acordo que, quen estaba con el si que sei que bebía Passportt con laranxa, e víronme facer unha das miñas. Eu era un neno pequeno pero xa me encantaba sacarlle á xente unhas risas. Entón armei unha boa. Quen teña algo de relación con Meira coñece perfectamente a ese veciño terratenente que conseguiu que a vila medrase cara a Pena en vez de cara Vilardemouros. Tamén se digo que ten ...

Nin ganas

Desde onde estou escribindo isto vexo a serra e teño moito frío. Entón vou merendar algo. Non teño ganas de escribir nin tampouco de ler. Vaia, de escribir si. E de ler. Pero lémbrome de Patillas, de cando a nosa amizade apenas eran catro Voll-Damms, e co pouco que me coñecía, que era tanto, me trouxo Winesburg, Ohio e entón todo aquelo foi outra cousa. Lugo era outra cousa e daquela Anderson xa me tiña gañado. Desde onde estou escribindo isto vexo a serra e vexo o Monterredondo, no que agora uno coa vista en segundos e antes unía correndo en minutos. É unha Meira que deixou de ser para min desde que me lancei á conquista de algo inconquistable como é o futuro. Abro tranquilamente unha cervexa. Meira é outra cousa e daquela o monte xa me tiña gañado. Desde onde estou escribindo vexo a meu pai, que está no sitio no que sempre estivo miña nai e no que estiveron os dous. Soa John the Revelator. Lémbrome de todo ao mesmo tempo. Xa non sei nin que lugar ocupo, pero pola mañá lin d...