Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta sueños

Arrepentirse de con quen te deitaches esa noite

A moita xente pásalle que cando pola mañá esperta con alguén ao lado na cama non pode máis que arrepentirse de con quen se deitou esa noite. Eu vino en moitas películas e a min pasoume algunha vez. Sempre tomei decisións drásticas: deixar o libro co que me deitei. A noite pasada non me deitei con ninguén, só din así uns roces e apertas con Russell antes de durmir. O caso é que tiven uns soños marcados por ter frío en bastantes deles e estaren regulados polo tempo, xa que duraron cada un aproximadamente unha hora, polo que foron sete até que espertei no último, no medio dunhas festas polo 15 como lembraba de pequeno pero no que xa non era eu tan pequeno porque sabía xogar ao tute e os maiores xa me deixaban xogar con eles. Sabedes que sempre fun moi raso ao tute e no soño non son moito mellor, pero apañei e todo saíu bastante bordado. No primeiro soño tiven frío porque me sacara toda a roupa para ir á cama e veuse a min a idea de meterlle leña á cociña. Era unha leña brutal e a pa...