Estaba nun hotel/pensión e había ratos por todos os recunchos. Ratiños pequenos que roían todo o que atopaban no camiño e deixaban restos da desfeita alí por onde pasaban. Unha praga (si, en galego tamén temos praga con minúscula cando non é capital de Chequia). A xente estaba medio atemorizada e a min dábame un pouco de noxo e pena matalos e fíxoseme dura a escena pero non intentei rematar o soño. O que fixen foi ilo deixando un pouco de lado e inventando outro dun certame audiovisual híbrido de películas e documentais. Acábome de lembrar que onte acabei o café, baixei á compra e non o collín. É igual, que hoxe como xa me teño que vestir podo almorzar os cereais e baixar tomalo ao bar. O soño do certame de cine co que escapei dos ratos non tiña moito aquel que se diga. Só había de especial unha mini-sala para grupos pequenos nun 3D moi elaborado no que incluso se movía o chan, retumbaban as paredes e por veces incluso desaparecían e todo parecía infinito producindo unha sensación de...