Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Barrela

Rozar

Apetecíame facer algo pola tarde como baixar até o río, dar unha volta polo monte, ir até a piscina, ir até a piscina a ler ─que é ao que vou, vaia─, en vez diso, púxenme a escribir. A situación é a seguinte:    A primeira idea foi a de continuar o conto no que o camioneiro de Coren se lía con unha da fábrica que ten un piso case de luxo, cunha vitrocerámica de indución alucinante, e resulta que é a moza do xefe. Non me sentín cómodo e pasei.    A segunda idea foi escribir algo sobre a rapaza e compañeira de traballo que non coñezo pero que é a segunda vez que me cruzo con ela e me di que lle gusta unha das miñas camisetas (a de hoxe é a de Rosalía con auriculares, que deseñou aquela rapaza para Falcatruada e entendino, pero a da primeira vez non, porque era a de Loreak do peixe con aleta de tiburón postiza que está moi vista). Pareceume sensacionalista, adobiado, incluso cool. Nada.    A terceira foi volver a unha época dun pasado nada distante de mor...