Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta móllame

Ameaza con fundamento

Escribiume ao Whatsapp un amigo para ir comer o pulpo a algunha feira. Dixo que era un día deses nos que había que ir e que fose Josiño. Encheume moito. É algo especial que te valoren para este tipo de cousas. Díxenlle que nos separaba a distancia, que onte fora ver á Terbutalina a Monforte e que hoxe quedaba por aquí. E que fai moi bo día pero Castroverde estaba a uns 80 quilómetros. Pareceunos unha distancia razoable para evitala (outras veces é “un paso”) e quedamos en ir outro día. Non obstante, seguín dándolle voltas á cabeza porque aínda era a unha e media e en menos dunha hora podía estar alí. Apetecíame ir. Sobre todo para pedir cada un súa botella de viño, dúas e dúas racións, e na primeira mollada do pan no aceite falarlle dela. Dese ser imaxinario que me leva rondando xa moito tempo e que onte, non tan imaxinario, se volveu a min. Díxome: “móllame”, “úntame”, “cómeme”, e a min custoume aceptar as súas ordes pero son moi cumpridor. Fíxolle gracia verme entregado pero a min ...