Hoxe volvín a ter un soño fiado que ocupou a noite enteira. Foi moi bonito porque tiña reencontros con xente á que boto de menos (incluso unha amiga viña con unha irmá xemelga que non coñecía). Coma case todo empezaba con unha festa, un concerto dentro dun festival nunha praza pequena semellante á da Soidade. O grupo era moi bo: rock dos 70 e un punto de humor entre canción e canción. O seguinte concerto era nunhas antigas cortes das vacas de teito moi alto, restauradas de xeito discreto pero moi acolledor. Acabábamos bastante cansos dos concertos e íamos para o hotel no que nos atopabamos con moita outra xente que tamén andaba polo festival. Como éramos moitos na panda os do hotel recolocábannos noutras habitacións para así estarmos o máximo posible todos xuntos na mesma planta. Acabo de morderme os beizos e fixen algo de ferida. Ao día seguinte, noutra parte do festival diferenciada da zona de concertos, desenvolvíanse pola mañá e pola tarde diversas probas de tipo skate, bicicross...