Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Raymond

"Escribir un conto" segundo Carver

Alá pola metade dos sesenta empecei a notar os moitos problemas de concentración que me asaltaban ante as obras narrativas voluminosas. Durante un tempo experimentei idéntica dificultade tanto para ler tales obras como para escribilas. A miña atención despistábase e decidín que non me achaba en disposición de escribir unha novela. De todos os xeitos, trátase dunha historia angustiosa e falar diso pode resultar moi aburrido. Aínda que creo que tivo moito que ver coa miña dedicación á poesía e á narración curta. Velo e soltalo, sen pena algunha. Avanzar. Por iso perdín toda ambición, toda gran ambición, cando andaba polos vinte e tantos anos. E creo que foi boa cousa que así me ocorrese. A ambición e a boa sorte son boa cousa para un escritor que desexa loitar por iso, porque unha ambición desmedida, acompañada do infortunio, pode matalo. Hai que ter talento. Son moitos os escritores que posúen unha boa chea de talento; non coñezo ningún escritor que non o teña. Pero a única maneira po...