Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Flannery O'Connor

Un home bo é difícil de atopar

A avoa non quería ir a Florida. Quería visitar a algúns dos seus coñecidos no leste de Tennessee e non perdía oportunidade para tentar que Bailey cambiase de opinión. Bailey era o fillo con quen vivía, o único home que tivo. Estaba sentado no borde da cadeira, á mesa, reclinado sobre a sección deportiva do Journal. –Mira isto, Bailey –dixo ela–, mira isto, léeo. E púxose de pé, cunha man na delgada cadeira mentres coa outra golpeaba a cabeza calva do seu fillo co xornal. –Aquí, ese tipo que se fai chamar o Desequilibrado escapou da Penitenciaría Federal e encamíñase a Florida, le aquí o que fixo a esa xente. Léeo. Eu non levaría os meus fillos a ningunha parte cun criminal desa caste solto por aí. Non podería acalar a miña conciencia se o fixese. Bailey non ergueu a cabeza así que a avoa deu media volta e dirixiuse á nai dos nenos, unha muller nova en pantalóns, cuxa cara era tan ancha e inocente coma un repolo, con pano verde atado con dúas puntas no alto da cabeza, como ore...