Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta río de sangue

Corpos en débeda de caricias

Que pasa cando soñas con alguén que aínda está esperto? Cambia a cousa a se soñas cando ela tamén dorme? Esta noite noteino, non estabas durmida. Deume traballo sacarte da casa e levarte a dar un paseo por serras redondas, de forte semellanza coas nosas, coas vascas ou coas irlandesas. Desde un curuto puidemos ver un castelo nese máxico estado de conservación que, sen chegar a parecer en estado de ruína, dá conta dos anos e das aventuras que por el pasaron. Dá conta dese abrazo na torre da homenaxe na que se prometeron o seu amor infinito. Dá conta de como puideron, despois de resistir o asedio durante días, selar un pacto nunha noite que durou para sempre nas súas vidas, malia que as súa vidas non durasen máis ca esa noite e ao saír os primeiros raios de sol as mans dos que até onte eran os seus servos acababan con eles. Ao final o castelo gustouche e deixácheste levar un pouquiño máis, unha especie de pacto encuberto, pero non había moito cara onde ir. Empezouse a escoitar unha mús...