Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Walter Noble Burns

Chicago-Lugo

Non coñezo moito máis de Chicago cá masa de Pizza Móvil e, non obstante, teño a sensación de estar vivindo un período similar aos anos 20 nesa cidade. Un libriño de agasallo polo meu aniversario introduciume nunha literatura negra coa que sempre fun tendo aventuras aínda que nunca me chegou a namorar. Conta a historia do anarquista parisino Jules Bonnot, coñecido por ser o primeiro en usar coches para cometer asaltos e atracos e traballar un tempo como chófer de Conan Doyle. Ben, correcta, sen artificios. Pero levoume a trazar unha liña con similitudes máis que evidentes sobre Billy O neno que tan deliciosamente escribiu Walter Noble Burns, efectivamente o mesmo xornalista que fixo se cadra a mellor crónica deses sórdidos anos da Lei Seca na cidade do motor, de Jake Lingle e de Al Capone. Noble Burns escribiu no 1932 (cando aínda os ramalazos desa época negra coleaban) que nos anos da Lei Seca en Chicago os millonarios e poderosos compartían mesa con asasinos, e que as damas da so...