Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta infancia

Soños: Unha máquina de bolas que regala fantasía e sorrisos

Había tempo que non contaba nada dos soños, e non porque non os tivese, senón porque os das últimas noites eran moi sinxelos, pouco concretos e abertos. Parecían non ter nada detrás e transmitían pouquiño. Os desta noite foron xeniais porque, ademais de diferentes desde a base ao final co tipo de soños que teño habitualmente, reflectían situacións moi cotiás pero que deixaban entrever unha serie de ideas forza que me pareceron moi acaídas, do tipo; fállache un plan pero pode aparecer outro moito mellor, emprender con ideas concretas de proxectos de baixo impacto social, económico e medioambiental e por riba con alto valor cultural e emocional (dos que enchen). Houbo incluso tamén tempo para un par de soños fantásticos onde nos viamos convertidos nun híbrido entre gnomos e semi-homínidos vivindo en montes como Hansel e Gretel. Os soños foron moi longos e agora teño que erguerme e axudar a meu pai con cousiñas, polo que voulles ir ao argumento e, se cadra despois dalgunha outra noi...

Soños que fan querer

Esta noite encadeei un tras outro arredor de cinco ou seis soños. Sempre adoito lembrarme de todos pero esta noite fallei e só me lembro de catro. Tres deles vou contárvolos. O primeiro de todos os que tiven non ten moita importancia, ou non lla vou dar. Xiraba arredor da nefasta idea de escribir. Soñei cun amigo escritor que vén de gañar o premio Cunqueiro de escrita de textos teatrais que convoca a Xunta. Nada ilóxico, nada que obxectar. O seu último libro estaba na mesiña de noite e adormecín pensando nunha idea moi súa e que dicía recentemente nunha entrevista: “temos que decidir entre o consumo de ansiolíticos ou a organización de barricadas” ademais de que casual e xustamente o Twitter onte á noite ensinábame na conta de Gómez de la Serna a súa greguería “no sé si tomar decisiones o pastillas”. Os dous ou tres seguintes soños foron moi confusos. Un era sobre correr e os outros pasaron sen máis. O penúltimo, ese chamoume un pouco a atención porque xa vai para dúas ou tres...