Quenquera que sexas, sospeito con temor que camiñas polos carreiros dos soños, temo que estas realidades ilusorias se desvanezan baixo os teus pés e entre as túas mans; Desde agora, as túas faccións, alegrías, linguaxe, casa, negocio, modais, problemas, tolemias, traxe, crimes, sepáranse de ti, A túa Alma e o teu Corpo aparecen diante miña, Apártanse dos nosos negocios ̶ comercio, tendas, traballo, granxa, casa, compra, venda, comer, beber, sufrimento, morte. ⁵ Quenquera que sexas, poño sobre ti as miñas mans para que sexas o meu poema; murmúroche cos meus beizos a carón do teu oído, amei a moitas mulleres e a moitos homes, pero a ninguén amei tanto como a ti. Oh, fun tardo e mudo; debín abrirme camiño dereito cara ti hai moito tempo, ¹ ⁰ non debín proclamar a ninguén senón a ti, non debín cantar a ninguén senón a ti. Abandonareino todo e virei, e cantarei himnos na túa honra; Ninguén te comprendeu, pero eu compréndote; Ning...