Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta John Cheever

Abur mocidade! Abur beleza!

Ao final de case todas as longas e multitudinarias festas dos sábados pola noite no barrio residencial de Shady Hill, cando practicamente todos os que ían xogar ao golf ou ao tenis á mañá seguinte xa marcharan para as súas casas e os dez ou doce sobreviventes parecían incapaces de pór final á velada a pesar de que a xenebra e o whisky estivesen a piques de acabarse, e aquí e alá as mulleres que aguantaban por acompañar aos seus maridos empezasen a beber leite; cando todo o mundo perdera por completo a noción do tempo, e os canguros que agardaban nos seus distintos fogares a aqueles recalcitrantes xa se deitaran había un bo anaco no sofá e durmían a perna solta, soñando con gañar concursos de cociña, con viaxes transoceánicos e aventuras románticas; cando o borracho belicoso, o afeccionado aos dados, o pianista e a muller enfrontada coa extinción das súas esperanzas fixeran xa as súas manifestacións públicas; cando todas as propostas ─almorzar na casa dos Farquarson, ir nadar, esperta...

A tristura da xenebra

Era domingo pola tarde, e, desde o seu cuarto, Amy oíu chegar aos Bearden, seguidos, pouco despois, polos Farquarson e os Parminter. Seguiu lendo Beleza negra até que o instinto lle dixo que se cadra estaban a comer algo bo. Entón pechou o libro e baixou as escaleiras. A porta do cuarto de estar estaba pechada, pero a través dela escoitábase ruído de risas e de xente falando en voz moi alta. Debían de estar a rexoubar de alguén ou algo aínda peor, porque calaron todos cando a nena entrou no cuarto. ─Ola, Amy ─saudouna o señor Farquarson. ─Están a falarche, Amy ─dixo o seu pai. ─Que tal está, señor Farquarson? ─dixo ela. Permaneceu apartada do grupo durante un minuto, até que reanudaron a conversación; deslizouse entón xunto á señora Farquarson, e puido abalanzarse sobre o prato de cacahuetes e coller un puñado. ─Amy! ─rifoulle o señor Lawton. ─Síntoo, papá ─dixo ela, saíndo do círculo en dirección ao piano. ─Deixa eses cacahuetes ─ordenoulle o seu pai. ─Xa os sobei,...

O nadador

   Era un deses domingos de metade de verán nos que todo o mundo repite: “Onte á noite bebín demasiado”. Puidéchelo escoitar dos feligreses ao saír da igrexa, ou dos beizos do mesmo párroco mentres se desposuía da sotana na sancristía, ou nos campos de golf e nas pistas de tenis, e tamén na reserva natural onde o xefe do grupo Audubon sufría os efectos dunha terrible resaca. ─Bebín demasiado ─dixo Donald Westerhazy. ─Todos bebemos demasiado ─dicía Lucinda Merrill. ─Debeu de ser o viño ─explicaba Helen Westerhazy─. Bebín demasiado clarete.    Isto pasaba á beira da piscina dos Westerhazy. A piscina, cuxa auga proviña dun pozo artesiano que tiña un elevado contido en ferro, tiña unha suave tonalidade verde. Facía moi bo día. Cara o oeste amontoábanse no ceo os cúmulos, tan parecidos a unha cidade vista de lonxe ─desde a proa dun barco achegándose─ que podían ter un nome. Lisboa. Hackensack. O sol quentaba ben. Neddy Merrill, sentado no bordo da piscina, cun...