Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Carver

Meu

Polo día saiu o sol e a neve desfíxose e converteuse en auga sucia. Finos reguiños de auga caían da pequena ventá –aberta á altura do ombreiro- que daba ao patio traseiro. Os coches pasaban pola rúa, salpicando. Oscurecía, fóra e dentro.  El estaba no cuarto metendo roupa nunha maleta cando ela se lle arrimou á porta. -Alégrome de que te vaias, alégrome de que te vaias! –dixo ela. Oíches!?  El seguiu metendo cousas na maleta sen erguer a vista. -Fillo de puta! Estou tan contenta de que te vaias! –e púxose a chorar. Nin sequera te atreves a mirarme á cara, non é? Entón viu a foto do bebé enriba da cama, e colleuna.  El mirouna; ela secou os ollos e quedouse mirándoo, e despois deuse a volta e volveu para o salón. -Devólveme iso. -Colle as túas cousas e vaite –dixo ela.  El non respondeu. Pechou a maleta, puxo o abrigo e mirou o dormitorio antes de apagar a luz. Despois saiu ao salón. Ela estaba de pé na cociña, co pequeno nos brazos. -Quero o pequen...

"Escribir un conto" segundo Carver

Alá pola metade dos sesenta empecei a notar os moitos problemas de concentración que me asaltaban ante as obras narrativas voluminosas. Durante un tempo experimentei idéntica dificultade tanto para ler tales obras como para escribilas. A miña atención despistábase e decidín que non me achaba en disposición de escribir unha novela. De todos os xeitos, trátase dunha historia angustiosa e falar diso pode resultar moi aburrido. Aínda que creo que tivo moito que ver coa miña dedicación á poesía e á narración curta. Velo e soltalo, sen pena algunha. Avanzar. Por iso perdín toda ambición, toda gran ambición, cando andaba polos vinte e tantos anos. E creo que foi boa cousa que así me ocorrese. A ambición e a boa sorte son boa cousa para un escritor que desexa loitar por iso, porque unha ambición desmedida, acompañada do infortunio, pode matalo. Hai que ter talento. Son moitos os escritores que posúen unha boa chea de talento; non coñezo ningún escritor que non o teña. Pero a única maneira po...