Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta the sorrows of gin

A tristura da xenebra

Era domingo pola tarde, e, desde o seu cuarto, Amy oíu chegar aos Bearden, seguidos, pouco despois, polos Farquarson e os Parminter. Seguiu lendo Beleza negra até que o instinto lle dixo que se cadra estaban a comer algo bo. Entón pechou o libro e baixou as escaleiras. A porta do cuarto de estar estaba pechada, pero a través dela escoitábase ruído de risas e de xente falando en voz moi alta. Debían de estar a rexoubar de alguén ou algo aínda peor, porque calaron todos cando a nena entrou no cuarto. ─Ola, Amy ─saudouna o señor Farquarson. ─Están a falarche, Amy ─dixo o seu pai. ─Que tal está, señor Farquarson? ─dixo ela. Permaneceu apartada do grupo durante un minuto, até que reanudaron a conversación; deslizouse entón xunto á señora Farquarson, e puido abalanzarse sobre o prato de cacahuetes e coller un puñado. ─Amy! ─rifoulle o señor Lawton. ─Síntoo, papá ─dixo ela, saíndo do círculo en dirección ao piano. ─Deixa eses cacahuetes ─ordenoulle o seu pai. ─Xa os sobei,...